Venres. 29.03.2024
El tiempo

A canteira muradá, a mellor do campo a través provincial

Rapazas do Manuela Rial no Campionato provincial
Rapazas do Manuela Rial no Campionato provincial
A canteira muradá, a mellor do campo a través provincial

O pasado venres 22 de febreiro tiña lugar o Campionato Provincial Centros Educativos Campo a Través en Noia. E ata alí se desprazaban varios colexios da comarca.

Dende o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, un xa habitual das primeiras posicións, Pablo Costa Caravel (na foto de abaixo) quedou nada menos que Campión Provincial Alevín Masculino. O de Berdeogas é un auténtico deportista total, pois tamén é un fixo nas listas da Selección Sub 12 do Fútbol da Costa.

Pablo Costa Carabel Campion Provincial de Campo a Traves

Ademais, a canteira muradá tamén estivo presente, e copou varios primeiros postos. Das oito categorías participantes, as muradáns conseguirin 4 triunfos individuais e un primeiro posto como equipo foron para o concello muradán.

Categoría Alevín Feminino:

  • • Individual: 1º posto gañadora provincial: Daniela Rama Figueiras do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro (Muros).
  • • Equipo: 1º posto: Ceip Ramón de Artaza.

Categoría Infantil Feminino:

  • • 1º posto. Gañadora provincial: Alexia Rama Lado do IES Fontexería Categoría cadete feminina:
  • • 1º posto. Gañadora provincial: Alejandra Formoso Recarey do IES Fontexería.

Categoría cadete masculina:

  • • 1º posto. Gañador provincial: Víctor Ramos Sambade do IES Fontexería.

Un gran éxito do atletismo nunha pequena vila de pouco máis de oito mil habitantes. Non houbo concello da provincia, incluindo as cidades, que obtivese tan bos resultados.

Novas relacioandas

Comentarios