Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Carballo acolle esta ponte a Final a 4 do balonmán galego cadete

Balonman en Carballo
O presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, estivo hoxe na casa do concello para presentar a competición, na que colaboran as Escolas Balonmán Xiria e o propio Concello de Carballo. O club carballés estivo representado no acto por José Antonio Rodríguez Fraga, vicepresidente primeiro; Jéssica Posse Díaz, coordinadora, e Toni García, adestrador do equipo masculino; en tanto que por parte do concello asistiron o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero.
Carballo acolle esta ponte a Final a 4 do balonmán galego cadete

Carballo acolle estes domingo e lluns a Final a 4 de balonmán cadete nas categorías masculina e feminina. Máis de 250 deportistas galegos e galegas participarán neste descrito como “un dos eventos máis importantes do balonmán base”, como sinalou o presidente da Federacón Galega, que augurou que temos por diante “unha fin de semana de desfrute do balonmán galego, de moito balonmán e, sobre todo, de moito nerviosismo xa que hai en xogo unha praza no sector nacional, tanto na categoría feminina coma na masculina”. O carballés Bruno López expresou o seu agradecemento tanto ao club coma ao concello, e asegurou que “vir a Carballo é garantía de implicación e de éxito”.

Nese sentido, o vicepresidente primeiro de Balonmán Xiria asegurou que a colaboración do club responde ao obxectivo común de deportistas, equipo técnico, directiva e mesmo público: “Que haxa moito balonmán”.

A Final 4 cadete reunirá en Carballo aos equipos cadetes dos clubs Mecalia Atlético Guardéx, SAR de Redondela, Cangas Frigoríficos Morrazo e Rodeiro, na categoría feminina, e Cisne, Carballal, Ribeiro e Xiria, na masculina. 

O alcalde pechou o acto felicitando á federación “polo magnífico traballo que está a facer. Creo que nos últimos anos o balonmán en Galicia está a ter un impulso importante, e o nivel do balonmán galego está crecendo moito. Proba dilo é que esta Final Four cadete na categoría masculina tivo que adiarse porque dous xogadores galegos están competindo coa selección española en Túnez, e un deles é de Carballo, Henrique Traba Méndez, que se formou aquí en Xiria”. 

CALENDARIO

Domingo 30 de abril

CADETE FEMININO Semifinais
- 10:30 horas: SAR RODAVIGO A - OPTICA STUDIO BM. CANGAS (Pav. Vila de Noia)
- 12:30 horas: MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS - BM RODEIRO COOP. O RODO (Pav. Vila de Noia)

Luns 1 de maio

CADETE MASCULINO Semifinais 
- 10:00 horas - GRUPO LEMACO XIRIA A - FOOTPLUS A.D.CARBALLAL (Pav. Vila de Noia)
- 12:00 horas - CISNE COLEGIO LOS SAUCES - CARNES DORIBEIRO-OURENSE PROVINCIA TERMAL (Pav. Vila de Noia)

– 14:00 | Terceiro e cuarto posto feminino (Pav. Vila de Noia)
– 17:00 | Terceiro e cuarto posto masculino (Pavillón CEIP Fogar)
– 16:30 | Final femenina (Pav. Vila de Noia)
– 18:30 | Final masculina (Pav. Vila de Noia)
– 20:00 | Entrega de trofeos (Pav. Vila de Noia)

Comentarios