330 deportistas de toda Galicia para a 31ª edición do Memorial Carlos Servando de Socorrismo e Salvamento
14:49 19/10/23
Carballo acolle esta fin de semana o Memorial Carlos Servando, que naceu no ano 1992 como unha actividade pioneira no salvamento e socorrismo galego e que 31 anos despois segue a ser unha referencia. Proba dilo é que esta fin de semana reuniranse en Carballo un total de 330 deportistas de oito clubs galegos.
O director do club organizador, o SYSCA, Diego López explicou que a xornada do sábado pola tarde está reservada para as categorías de base. Un total de 174 nenos e nenas dos clubs SAL, Umia, Estrada, Santa Comba e Cerceda, ademais do Sysca, que participa con 50 deportistas, competirán en probas de relevos mixtos, coas que se pretende “fomentar a cooperación e a igualdade entre nenos e nenas”.
Máis novas sobre socorrismo