Sysca e SAL puxeron deportistas no podio do Campionato de España Infantil e Cadete

Unha vez rematada a campaña de piscina, os clubs bergantiñáns de salvamento e socorrismo afrontaron esta fin de semana todo un IV Campionato de España Infantil e Cadete, celebrado na piscina de Bétera (Valencia). E, se ben o máis importante é a fermosa sensación que se lles queda aos mozos e mozas deportistas de vivir estas experiencias deportivas, os resultados foron positivísimos.
Os deportistas do Club Acuático SAL Laracha conseguiro 3 récords Galegos, dous indivuduais de Pedro Caamaño no 50 m remolque de manequín e no 100 m remolque de manequín con aletas, e o terceiro récord no 4x50 relevo mixto logrado polo equipo Cadete (J. Martín, Iria, Pedro e Shaila) o que lles permitiu clasificarse entre os dez mellores de España.
O club larachés destaca tamén o papel de Juan Martín Rodríguez e Pedro Caamaño, que conseguiron colocarse no Top Ten do salvamento español en todas as probas nas que participaron.

Pola súa banda, o carballés Sysca tamén saca peito da actuación dos seus 5 deportistas, que acodiron acompañados do adestrador Diego López.
Destacou a participación de Álvaro Lavandeira, que rematou entre os 8 primeiros en todas as probas nas que participou, logrando unha medalla de prata nos 200 metros supersocorrista, e batindo ademais a mellor marca galega.
Raquel Suárez estivo a centésimas de subir ao podio de 100 metros remolque de maniquí con aletas. E pola súa parte, Noa, Marta e Sara melloraron as súas prestacións, facendo unha gran actuación nos relevos, con 3 récors galegos en 4x50 aletas, 4x25 remolque de maniquí e 4x50 combinado.
Vindeira cita
Os clubs pensan xa en preparar a primeira Xornada de Praia que terá lugar a próxima fin de semana, 29 e 30 de Abril, na Praia de Balarés e o Open Internacional e Campionato de España Xuvenil, Junior e Absoluto que terá lugar do 5 ao 7 de maio en Castellón.
NOVAS RELACIONADAS
- 05-04-23: O SYSCA e o SAL rematan a Liga de Piscina de socorrismo no podio galego.
- 30-03-23: Os equipos Master de SYSCA e SAL demostran o poderío bergantiñán nas probas de Salvamento e Socorrismo.
- 23-03-2023: O Club SAL ratificou o poderío bergantiñán no Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo.
- O Club SYSCA gaña tamén o Campionato Galego Junior-Absoluto.
- Outubro 22: Gabriel Rodríguez Colferai, o medallista mundial de socorrismo foi recibido como un heroe.