Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Carballo, Muros e Camariñas acollerán a Copa 4x4 de Balonmán na Rúa da Deputación da Coruña

Canteira do Balonman Camarinas
Imaxe da canteira do Balonmán Camariñas
Carballo, Muros e Camariñas acollerán a Copa 4x4 de Balonmán na Rúa da Deputación da Coruña

A Copa 4x4 de Balonmán na Rúa terá 3 paradas na Costa da Morte. A proba, que conta cun total de 24 equipos mixtos das categorías alevín e benxamín e máis de 1000 inscricións abertas, celebrarase entre os meses de setembro de 2022 e abril de 2023 en Carballo, Ribeira, As Pontes, Arzúa, Cerceda, Muros e Camariñas.

Poderán participar nenas e nenos de entre 6 e 11 anos empadroados en calquera concello da provincia, sendo necesario estar en posesión da correspondente licencia federativa para a tempada 2022. As inscricións poderán realizarse a través do enderezo electrónico da Federación Galega de Balonmán (www.fgbalonman.es).

As inscricións para cada torneo realizaranse 15 días antes da celebración da proba, habilitándose os 5 primeiros días para os residentes en cada localidade e os seguintes 10 para completar o cupo de 25 equipos cos conxuntos de fóra do municipio onde se celebre a proba. A cuota de inscrición será gratuíta.

Comentarios