Carballo rende homenaxe a Mauro Montero, fisioterapeuta da selección española de balonmán campiona de Europa
09:43 28/12/24
Mauro Montero é o actual fisioterapeuta da selección española de balonmán, coa que vén de acadar neste 2024 o Campionato de Europa sub 20 e o Euro Hand 4 All, que cada ano congrega aos mellores equipos do mundo de balonmán en cadeira de rodas.
Non son os únicos títulos que garda Mauro nas estanterías. Nos últimos anos Mauro Montero acadou un bronce o Europeo sub 19 (2021), proclamouse campión de Europa e do Mediterráneo (2022) e campión do mundo sub 19 (2023).
Mauro Antonio Montero Suárez, carballés nado en 1982, ten unha forte vinculación co balonmán como xogador, árbitro e fisioterapeuta