O CDM Piragüismo Dumbría despide a tempada con 5 medallas nos Campionatos Galegos de base
- A familia dumbriesa destaca a confirmación do Couquiño como o centro do Slalom en Galicia
O Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría púxolle fin esta fin de semana a súa temporada deportiva con 5 medallas no Campionato Galego de Promoción de Slalom, proba que se disputou este pasado fin de seman en Mondariz. O equipo costeiro fixo a súa mellor competición do ano despois da que se celebrou en Dumbría a mediados de agosto.
En canto os resultados individuais, hai que destacar a Carmen Llaria, que se proclamou Campiona Galega de Canoa e foi medalla de bronce no K1 individual. Vega Cives e Elena Insua foron prata e bronce, respectivamente na categoría benxamín K1, e Lucas Alves foi Bronce no K1 pre-benxamín.
Finalmente o clube costeiro acadou a cuarta plaza por clubes.
O Couquiño, potencial nacional
Esta proba ponlle fin a unha tempada histórica para o clube costeiro, na que o Campo de Slalom de O Couquiño se revelou coma o principal centro do Slalom en Galicia, onde se celebraron 5 competicións oficiais e que por primeira vez Galícia acollía unha proba da Copa de España de Slalom selectiva para definir que deportistas representarían a España nos Campionatos de Europa de Slalom junior e sub-23, e na que participou a canoista Miren Lazkano que 15 días máis tarde sería finalista nos Xogos Olímpicos de París.