Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O club Flechas por un Tubo trouxo medallas dos Campionatos Galegos e prepara o Torneo Costa da Morte

Flechas por un tubo en accion
O club Flechas por un Tubo trouxo medallas dos Campionatos Galegos e prepara o Torneo Costa da Morte

Esta fin de semana disputouse nas instalacións do club Boa Vila de Pontevedra o Campionato Galego de Tiro con Arco ao aire libre. E non faltou a representación bergantiñá.

O Cuub Flechas por un Tubo de Ponteceso levou varios deportistas. Adrián González Lema, Alan Cores Duarte, Mateo Puente Balsa e Manuel Souto García competiron o sábado nas categoráis de máis pequenos; e Pedro Álvarez Pailos e Leonor Andrade Varela xa o domingo en categoría cadete.

Cativada do Flechas por un tubo con premios

A pesar do vento, e do sol, a rapazada costeira demostrou a súa puntería. a competición o vento forte dificultou o tiro a algúns dos participantes. De feito lograron o campionato e o subcampionato da categoría Benxamín, concretamente da man de Alan Cores Duarte, que trouxo a medalla de ouro, e Adrián González Lema a de prata.

Na categoría alevín, Manuel Souto García trouxo un bronce, mentres que Mateo Puente Balsa acadou un meritorio 6º posto.

Na quenda do domingo participaron na categoría cadete, Pedro Álvarez Pailos conseguiu o subcampionato, ademais de conseguir a puntuación necesaria para o Campionato de España.
Pola súa parte Leonor Andrade Varela acadou un gran 5º posto.

Flechas por un tubo tiro con arco

Torneo Costa da Morte

Así mesmo, o club xa prepara todo para o seu noso primeiro torneo oficial, o “Torneo Federación Tiro con Arco ao Aire Libre Xunta de Galicia. 1º Torneo Costa da Morte”, que se celebrara o vindeiro 6 e 7 de xullo no campo do Pinguel, Ponteceso.

Máis novas

Comentarios