O Club de Remo Muros volve con podios do campionato de España de Ergómetro

10:01 23/11/21
O Club de Remo Muros continúa demostrando que é unha potencia máis alá das fronteiras do país. Esta pasada fin de semana unha completa expedición trasladouse a Navia (Asturias) para participar no III Open de España de Remo Ergómetro, ao que tamén acodíau competidores/as de todo o estado. Unha proba na que se fían os mellores tempos nesta modalidade de ximnasio.
Ainoa Froján, Mateo Uhia, Adriana Vázquez e Iago Leis viaxaban arroupados polas súas familias e por Samuel e Cris. E os resultados non puideron ser mellores.
O propio Samuel conseguíu o 3º posto en 500 metros na categoría absoluta. Ademais, o equipo de relevo cadete mixto, formado por Ainoa, Adri, Iago e Mateo, acadaba tamén a medalla de bronce tanto en 500 como en 2000m.