Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Club SYSCA gaña tamén o Campionato Galego Junior-Absoluto

Club Sysca Campion Galego Junior e Absoluto
O Club SYSCA gaña tamén o Campionato Galego Junior-Absoluto

Viña de quedarcampión galego nas catehorías xuvenil-cadete, pero o Club SYSCA de Carballo acaba de completar o se elenco de títulos gañando o Campionato Galego Junior e Absoluto de Salvamento e Socorrismo.

Faino ademais por segunda vez, no marco da competición celebrada na piscina Rosario Dueñas, en Ourense, durante esta fin de semana. O equipo conseguiu proclamarse campión e subcampión júnior absoluto. Con todo, a suma das dúas categorías axudoulle a gañar o campionato.

O equipo carballés trasladou á cidade de Ourense 16 deportistas: Andrea Eirís, Andrea Goimil, Carla Padín, Julia Agrelo, Paula Ferradás, Sara García, Gabriel Rodríguez, Joaquín Mouro, Ricardo Mouro, Pedro Mesejo, Hugo Martínez, Fabián Varela, Manuel Campos, Jorge Vilarino, Javier Agrelo e Manuel García.

A nivel individual, en categoría feminina, destacou a gran actuación de Andrea Goimil, deportista júnior do club, que conseguiu 5 ouros e 2 bronces individual.
Tamén contou cunha excelente participación Paula Ferradás, que rematou o campionato cunha medalla de prata individual, ademais de sumar tres Récords galegos xuvenís nos 50 metros de arrastre maniquí, probas de 200 metros socorrista e 100 metros combinados.
Tamén, Sara, Carla, Julia e Andrea Eirís tamén conseguiron meterse en varias finais, obtendo bos resultados.

En canto aos rapaces, cabe destacar a gran participación no campionato por parte de Gabriel Rodríguez, que acabou conseguindo catro ouros e unha prata nas probas individual. Ademais, conseguiron subirse ao podio a nivel individual Joaquín Mouro, con un ouro, dous pratas e dous bronces, e Ricardo Mouro, que logrou catro medallas prata. Pedro, Hugo e Fabián tamén participaron en varias finais, conseguindo puntos importante para o equipo.

Ademais, nas probas de relevos, o Sysca tamén acadou excelentes resultados. Na categoría júnior, o equipo feminino acadou tres primeiros postos, mentres que o relevo masculino logrou tres ouros e unha prata. Ademais, o relevo mixto foi o gañador da súa proba. Xa a nivel absoluto rematou o equipo feminino con dous bronces e un ouro, que se conseguiu ao bater a marca galega.
Pola súa banda, o equipo masculino conseguiu un bronce, unha prata e un ouro, tamén con palmarés a nivel rexional. Ademais, o relevo mixto quedou terceiro na súa proba.

Vindeira cita

Despois dos éxitos acadados, o club xa pensa na próxima competición, o campionato Galega da categoría máster, que terá lugar este sábado, 25 de marzo, na piscina Antía García Silva, en Caldas de Reis.

Novas relacionadas

Comentarios