martes. 18.03.2025
El tiempo

Os clubs de Salvamento bergantiñán demostran o seu poderío

SYSCA MASTER
As mMaster do SYSCA
Os clubs de Salvamento bergantiñán demostran o seu poderío

Espectacular fin de semana para os dous clubs de Salvamento e Socorrismo da comarca de Bergantiños. O Club SYSCA de Carballo e o Club SAL da Laracha triunfaron en diferentes probas, que serviron para pechar a a temporada de piscina 24/25.

Tres récords nacionais para o Sysca Club no Campionato de España Masters

Unha das novas máis espectaculares é a protagonizada polas 8 deportistas máster do SYSCA. Ana Barca, Sandra Puga, Maria Luz Cures, Maria Isabel Lema, Luz Estela Vanegas, África Alberti, Elena Alcoba e María del Carmen de Mas triunfaron no Campionato de España na categoría master celebrado en Valladolid.

As carballesas remataron o campionato entre as dez primeiras mellores equipos do panorama nacional A nivel individual, cabe destacar a gran actuación de María del Carmen de Mas, que na categoría de +70 anos acadou un total de 4 medallas: tres pratas nos 100 metros de socorrista, 100 metros de remolque con aletas e 50 metros remolque de maniquí, e un bronce nos 100 metros vallas.

Con todo, os resultados máis salientables chegaron nas probas de relevos. En a categoría +230 anos (sumando a idade dos catro relevistas), o cuarteto formado por Sandra Puga, Africa Alberti, Elena Alcoba e Maria del Carmen de Mas, subiu ao máis alto do podio nos tres relevos disputados, ademais de lograr o Récord de España en todos eles. Pola súa banda, no relevo +140 anos, Ana Barca, María Luz Cures, Luz Estela Vanegas e Maria Isabel Lema conseguiron tres medallas de bronce. Tamén hai que engadir os cartos conseguidos por María Luz Cures e Sandra Puga na proba de lanzamento da corda.

Agora toca pensar ao seguinte obxectivo: os campionatos de praia. A súa primeira competición, o A xornada inaugural da Liga Galega de augas abertas será o domingo, 6 de abril, na Praia de Silgar, en Sanxenxo.

O SYSCA, campión galego xuvenil

SYSCA 1º clasificado xuvenil masc-fem
Os xuvenís do SYSCA

Os carballeses tamén se proclamaron campións galegos de piscina na categoría xuvenil, segundos na categoría infantil, terceiro en júnior e cuarto en cadete, no Campionato Galego celebrado na piscina Rías do Sur de Pontevedra.

Foron arredor dos 60 deportistas do club os que participaron, destacando nomes como Nicolás Cerviño, campión alevín, con 3 ouros; Ada Quintela, que logrou tres pratas; a infantil, Julia García, os cadetes Pablo Suárez e Mateo Palllas. Os mellores chegaron en xuvenís, onde Álvaro Lavandeira volveu con dous ouros e tres pratas; Raquel Suárez, un ouro e dúas pratas; Sara Puñal, cun ouro; Noa Rodríguez, cun bronce; e Marta Eirís, tamén con medalla de bronce. En canto aos relevos, os resultados tamén foron destacados en todos as categorías.

O SAL tamén brillou

SAL SAlvamento
Familia do SAL en Pontevedra

Tamén brillaron en Pontevedra os deportistas do CLUB SAL da Laracha, destacando dous novos récords galegos: Novo récord galego cun tempo de 03:01:37 na proba de 4x50 m. relevo natació n con aletas alevín femenina; e Novo récord galego individual cun tempo de 00:56:94 por Rodríguez Lafuente.

Medio centenar de medallas acabaron no pescozo dos laracheses.

Comentarios