Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os deportistas do CDM Dumbría, os primeiros en volver aos "adestramentos"

Piraguismo dumbria en corentena
Primeira saída dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría dende o comezo do Estado de Alarma
Os deportistas do CDM Dumbría, os primeiros en volver aos "adestramentos"

Seguro que xa rodan os ciclistas e saen ao mar (hai pouco estes días) os surfeiros da comarca. Pero podemos dicir que son os deportisyas do CDM Piragüismo Dumbría os primeiros en volver aos adestramentos. Fano por separado, e a nivel individual, pero ao seren 3 deportistas de alto nivel (Lorena Costa, Jorge Quintáns e Iago Canosa) si que poden recibir instrucións do adestrador, como sinala a Orde que o Goberno Central publicou o pasado domingo 3 de maio (SND/388/2020) .

En todo caso, Quique Portela fica na casa e manda instrucións o día anterior vía whastapp, e cada deportista chega pola súa conta a zona de adestramento, con luvas e mascarilla (que poden quitar na auga). Foi este mércores pola tarde cando, coa liberación de auga do encoro, os deportistas puideron sacar as piragüas por primeira vez en case dous meses para facer o primeiro "adestramento" sen adestrador.

Como Dumbría non chega as 5.000 habitantes non hai restrición de horarios, pero si que hai certos deportistas do club que proveñen doutros concellos limítrofes, que terán que adaptarse ás normas.
Dende o club lembran que existe un estudio de riscos de contaxio nos diferentes deportes, e no Piragüismo de augas bravas é 0.

Bases legais sólidas

O noso avogado de referencia, o carballés Miguel Vieito Villar, explica que a Orde “ten moi poucas limitacións á hora de permitir os entrenos. Os deportistas federados non profesionais poden saír dúas veces ó día nos horarios marcados para a poboación (é dicir, teñen unha saída extra); e só dentro do Municipio (xa non da Provincia coma no caso dos xogadores profesionais)”.

Apunta un matiz: “só poden facelo ao aire libre ou na natureza. Non hai, coma no caso dos profesionais, acceso libre a instalacións”.

En calquera caso a Orde remite ao Protocolo do CSD para as excepcións ao rexime xeral

Comentarios