Luns. 27.01.2020
El tiempo

Os derbis de tenis de mesa quedan en Vimianzo e Zas

Os derbis de tenis de mesa quedan en Vimianzo e Zas

Comenzou a segunda volta das ligas cos enfrentamentos entre os equipos da comarca tanto en 3ª Nacional como en 1ª Galega e esperábanse partidos moi igualados. Pero só houbo tensión en A Picota entre os de 3ª Nacional, onde os xogadores se coñecen moi ben xa que entrenan moitas veces xuntos deparando unha vitoria zaseira ante o Mazaricos, e outra do Pinturas Figueiras de Vimianzo ante o Dimóble Bazar.

Primeira competición en Cee

Ademais, esta vindeira fin de semana Cee estréase como anifitrión cunha competición oficial de tenis de mesa. Será co equipo femenino que debuta este temporada en competición federada, que se fai por concentracións e esta será a única que se fará en Cee. Celebrarase o domingo a partir das 15:30h no pavillón municipal e competirán coas ceenses as rapazas de A Baña e do CTM GAM 2F.

3ª División Nacional

  • Resultado: Concello Mazaricos - AD Zas Ponciano Nieto (2-4)

Concello Mazaricos - AD Zas Ponciano Nieto de tenis de mesa
Imaxe do derbi Concello Mazaricos - AD Zas Ponciano Nieto

Era favorito o AD Zas Ponciano Nieto para gañar este encontro pero tamén ao mesmo tempo esperábanse partidos moi igualados como así foi, pero non nos que se resolveron por 3-2 para Brais Blanco, pois todo preveia un 3-0 a seu favor e costándolle moito resolver cada un dos partidos. A clave da vitoria zaseira estivo no primeiro partido entre Alex e Raúl, onde este mantivo serenidade para mover dun lado ao outro da mesa ao mazaricán e desquicialo mentalmente. Despois do primeiro set que gañou Alex, a superioridade de Raúl mostrouse no marcador.
Pola súa parte, houbo máxima igualdade nos tres primeiros sets entre Stevo e José Ángel, Stevo no segundo set remontou un 5-10 en contra, no terceiro igualou despois dun 6-10 e caendo 11-13 e logo no cuarto xa non houbo historia. Moi ben José Ángel, nótase que entrena con regularidade, e que despois gañoulle xa máis seguro a Raúl.
No dobr,e a superioride dos zaseiros reflexouse no marcador metendo bolas con seguridade e movendo na mesa aos mazaricáns que moitas veces chocaban entre eles. Deixando para o final os partidos de Brais Blanco que deberia gañar por 3-0 os dous partidos pero ao que lle costou moito facelo polo axustado 3-2. Estiveron entrenando xuntos todo o Nadal e neles Brais foi sempre moi superior pero nos partidos oficiais a cousa cambia e parece que a presión pesa.

1ª División Galega

  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - AD Zas Dimobel Bazar Baio (7-0)

Derbi do tenis de mesa da Costa da Morte entre VTM Pinturas Figueiras - AD Zas Dimobel Bazar Baio copia
Derbi do tenis de mesa da Costa da Morte entre VTM Pinturas Figueiras - AD Zas Dimobel Bazar Baio

Tiñan ganas de revancha do primeiro encontro da liga os de VTM Pinturas Figueiras e dende logo non esperaban facelo tan contundentemente. Están en boa dinámica de xogo e resultados e con esta vitoria ascenden ao 2º posto da clasificación do seu grupo, nas vindeiras xornadas enfrontaranse aos da parte alta e colle aos soneiráns en bo momento.
En canto aos partidos do sábado en sí, houbo menos igualdade da esperada e só no partido de dobres e sobre todo no último entre José A. Pazos e Julio Figueiras se deron os resultados axustados. Como anécdota, dicir que o domingo M. J. Castro si lle gañou a Francisco Paz na Liga Malov pero eso non conta para os partidos das ligas.

 

Vindeira fin de semana

Encontros para o vindeiro fin de semana 18 e 19 de xaneiro:

Sábado 18 de xaneiro, ás 17'00 h:
- 3ª División Nacional: AD Zas Ponciano Nieto - Zoolandia Conxo Ponte de Ferro no ximnasio do CPI de Zas.
- 2ª División Galega: Rías Baixas Giusseppe Anthoni - AD Zas O Pinar, en Ribadumia. Pontevedra.

Domingo 19 de xaneiro:
- 3ª División Nacional: AD Dubratambre - Concello Mazaricos, as 11h en Val do Dubra.
- 1ªDivisión Galega: AD Zas Dimobel Bazar Baio - Zoolandia Conxo, ás 11 h. no ximnasio do CPI de Zas.
- 2ª División Nacional Femenina, ás 15:30h no pavillón municipal de Cee: Concello de Cee - SD A Baña / SD A Baña - CTM GAM 2F / Concello de Cee - CTM GAM 2F.

NOVAS DO TENIS DE MESA COSTEIRO

Comentarios