Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dúas derrotas para preparar o histórico enfrontamento entre Calvo e Conservas

Dúas derrotas para preparar o histórico enfrontamento entre Calvo e Conservas

Tras esta xornada 12 da 1ª Nacional de Balonmán, moi mala para os nosos equipos, non mellora a situación dos nosos na táboa. O Calvo Xiria, que non acaba de atopar a regularidade, mantén a 5ª praza, pero xa a 3 puntos do grupo de arriba. Por abaixo, o Balonmán Camariñas queda 12º (3º por abaixo), con 6 puntos, xa a 6 puntos dun grupo de equipos na zona morna.

Agora queda toda a Costa pendente do partido histórico desta fin de semana que vén, o primeiro de ambos conxuntos en categoría nacional. O sábado o pavillón carballés Vila de Noia acollerá o Calvo Xiria - Balonmán Camariñas, un partido moi importante para ambos conxuntos.

Balonmán Camariñas - Bm. Lalín (31-35)

  • Balonmán Camariñas: Cristian (p), Víctor (p), Fari (5), Felipe (1), Pombo, Damián, Borja (10), Moncho, Salva (1), Catalán (11), José Ramón (1), Xabi (1), Perón, Antelo (1).

Outro partido para esquecer do Conservas. Un mediocre Lalín fíxose co encontro ante a nula oposición do Camariñas, que unha fin de semana máis non deu coa tecla adecuada para situarse no campo. Fallou a defensa (encaixáronse 35 goles) e ante unha pobre defensa do Lalín, que foi inferior á conserveira, os camariñás perderon ata 12 balóns en ataque no primeiro período. Iso si, foi clave a actuación do porteiro visitante Pablo, que parou o que tiña que parar e moito máis.

Polo Camariñas só Catalán amosou unha boa cara, e fixo o seu mellor partido da tempada, aínda que de pouco valeu.

Cafes Toscaf - Calvo Xiria (27-26)

  • Calvo Xiria (13+13): Iago[p], Ramón, Alex García (1), Jesús, Sergio (2), Manuel (3), Alex Zas (1) -equipo inicial- Kike[p], Naya [p], Miguel (2), Dubra (2), Pablo (9, 3 de 7 metros), David (5).

Principiou o partido e Avilés cos dous equipos totalmente descentrados e as perdas por unha e outra banda era a constante de xogo. A defensa carballesa non aparecía por parte algunha e só a actuación de Iago, ao longo dos sesenta minutos, fixo que o Toscaf non puido coller diferenzas no marcador. O ataque carballés amosábase pouco preciso e a defensa non funcionaba ao nivel desexado. No minuto 15´ os colexiados amosaron cartón vermello directo a Israel por un fortísimo golpe na faciana de Álex Zas que tiña que pasar polo vestiario para ser tratado e poder seguir xogando no segundo tempo. Así e todo o Calvo conseguiu as primeiras diferenzas, e o que era máis importante, pouco a pouco impoñía no partido o ritmo de xogo que lle interesaba. Os avilesinos non permitiron que en ningún momento a diferenza crecese demasiado e nunha nova serie de desatinos na defensa carballesa permitiron que ao remate do primeiro período o marcador sinalase un empate a 13 goles que deixaba en todo o alto as espadas par ao segundo tempo.

O Calvo Xiria foi quen de mandar ata o minuto 55, pero pagando un alto prezo. O desgaste físico dos xogadores carballeses no segundo tempo foi enorme, e nos derradeiros cinco minutos pasou factura, xa que non foi quen de elixir as mellores opcións nos ataques dos que dispuxo. O desgaste debiuse a ter que xogar 8 veces cun xogador menos (por ningunh do seu rival). A arbitraxe permitiu aos xogadores avilesinos unha dureza que nin por asoma se permitía na outra área, e pouco a pouco fóronse achegando ao Calvo para dar o golpe que resultaba definitivo a falta de dez segundos para rematar o partido (como non, en superioridade numérica).

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios