Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A previa do Rally da Coruña para Javi Lariño Waldomar e os Senra

O coche de Javi Larino Waldomar
O coche de Javi Lariño Waldomar
A previa do Rally da Coruña para Javi Lariño Waldomar e os Senra

Esta fin de semana Javi Lariño Waldomar presentaba oficialmente o seu coche, xa listo para comezar o Campionato Galego de Rallyes. Esta fin de semana, 28 e 29 de maio, estrearase no 25º Rally da Coruña, onde non faltarán Manolo Senra nin Víctor Senra, dous dos grandes do circuito galego e estatal, que aspiran a todo.

De feito, Victor Senra e David Vázquez Liste (Yacar Racing) parten co dorsal nº1 co seu Skoda Fabia EVO 2 RS, e Manuel Senra e Faustino Suárez Moledo teñen o 15 co seu clasico Peogeot 306 Maxi Kit Car.

A vindeira semana faremos un resumo de como foi este comezo de tempada, pero antes falamos un pouco con Lariño Waldomar para que nos conte que tal vai ese Citroen C2 GT (da súa propiedade pero que vai da man da escudería de Pasarela ARVidal Racing), no que contará con Santi Priegue ao seu carón:

 
  • QPC: Que tal foi a presentación no Bar O Moncho de Lira?

Un éxito, a pesar de que sabíamos que non podíamos ter moita xente para garantir o espazo mínimo entre a xente e demais restricións do coronavirus. De todas formas, en canto xa se poda facer con total seguridade, volveremos alí para facer unha pequena festa do motor, con máis coches, música, comida, etc.

 
  • QPC: Cóntanos, debúllanos as características do coche. Como o ves para competir?

O coche polo de agora véxoo potente demais, jajaja. Vimos de un saxo case de orixe polo que o cambio é enorme. Este é un coche creado para unha copa que se fixo no campionato de España polo que xa é un coche con pezas fabricadas para exclusivamente para competir.
O coche conta cun motor 1.600cc e sobre 165cv, ten unha caixa de cambios de 5 marchas cunha velocidade máxima de 160-170 km/h. Non é unha gran velocidade pero nos tramos de rally poucas veces se alcanza, importa máis a forza do coche que a velocidade.

 
  • QPC: Que obxectivos te marcas para A Coruña (hai 154 inscritos) e para a temporada en xeral?

Non queremos tomar riscos innecesarios na primeira carreira. Sairemos a Coruña a adaptarnos ao coche e intentar ir cada vez máis rápido.
Para a temporada queremos intentar conseguir a Copa Pirelli Amrali, sabemos que hai que ser rápidos pero é moi importante ser constantes e sobre todo terminar todas as carreiras para ir sacando puntos en todas elas.

 
  • QPC: Con que orzamento partes?

Polo de agora temos aseguradas 5 carreiras, sempre e cando non teñamos golpes nin grandes avarías. Todo iso gracias a cada un dos patrocinadores que se esforzaron ao máximo en colaborar co noso humilde equipo.

 
  • QPC: Quen ves como favoritos?

Se nada raro pasa, seguro que a cousa vai a estar entre Victor Senra e Iago Caamaño loitando á décima.

 
  • QPC: A quen lle debes unha por todo isto?

A parte de agradecer todo o que fan por nós cada un dos patrocinadores (Semáforo de Fisterra, Hotel Faro de Lariño, O Moncho, Concello de Carnota, Peixes e Mariscos Lola, Almacenes Esteiro, Infortendas.com, ARVidal Racing, Reale Seguros - Juan R. Rey, Kreativa Cocinas, Carmovil, O’Vaqueiro Materiales de Construcción, Mar da Morosa e Bar O Hórreo), quería darlle as gracias a meu irmán porque sempre que necesito unha man co coche aí está el, a moza por aguantarme nas semanas do rally (que sei que non é fácil) e tamén a Que Pasa na Costa pola difusión do noso equipo e do deporte que moitos amamos.

 

Comentarios