Venres. 26.04.2024
El tiempo

FS: Vitorias moi importantes para Villa e Fisober

Villa de Cee - Agolada
Villa de Cee - Agolada
FS: Vitorias moi importantes para Villa e Fisober

Villa de Cee 5-4 Agolada (Preferente Masculina)

Villa de Cee: Bruno; Ángel, Juan O Bello, Aitor e Javi Marroko. Tamén xogaron: Mario, Juanjo, Deiby, Kevin e Pose.

Agolada: Adrián; Ovidio, Riki, Óscar e Miguel. Tamén xogaron: Ángel, Jose, Marcos, Adrián Roca e David.

Goles: 0-1, 1’: Ovidio / 1-1, 4’: Kevin / 2-1, 6’: Kevin / 2-2, 18’: Riki / 3-2, 23’: Ángel / 3-3, 30’: Riki / 4-3, 35’: Deiby / 5-3, 35’: Deiby / 5-4, 39’: Miguel.

Volvía a Preferente masculina ao pavillón municipal de Cee e o facía cun gran ambiente nas bancadas, onde había unhas 150 persoas. Chegaba o Agolada, un rival sempre incómodo para o Villa debido ó sei bo facer, pois é un equipo moi competitivo e compacto, e así o volveu a demostrar este domingo. O demostrou, de feito, dende o comezo xa que, aínda non dera tempo a sentarse, e o Agolada facía o primeiro cun tiro afastado pegado ó pau que sorprendeu a Bruno. Pero, lonxe de virse abaixo, o Villa reaccionou rápido e comezou a atacar sen respiro a portería rival, logrando a remontada con dous goles de Kevin en apenas dous minutos. Non obstante, o Agolada seguía a incomodar aos vermellos, que se viron obrigados a facer máis faltas das que acostuman e permitiron empatar aos visitantes antes do descanso cun gol de dobre penalti.

A segunda parte comezaría ben para os ceenses, que se volvían adiantar cun gol de angel aos tres minutos. Pero esa boa saída dos vestiarios seguiu sen asentar ao equipo na pista, que volverían a ver como lles empataban o encontro sete minutos despois. En cambio, os últimos dez minutos si que foron de superioridade local ante un Agolada cargado de faltas, o que aproveitou Deiby para facer un doblete dende a liña de dobre penalti, antes de que os visitantes acurtaran distancias xa á desesperada. Coa vitoria no peto, o Villa lamentou a lesión de Juanjo.

Fisober 4 – 0 Begonte (Preferente Feminina)

 Fisober: Sharay; Ana, María Dumbría, Paula Fandiño, Saray. Tamén xogaron: Lucía Canosa, Carre, Nuriña, Adriana e Lucía Martínez.

Begonte: Alicia; Sheila, Ainara, Noa, Noemi. Tamén xogaron: Nuria, Nerea, Ruth e Ana.

Goles: 1-0, 14’: Ana / 2-0, 21’: Lucía Canosa / 3-0, 27’: Paula Fandiño / 4-0, 39’: Lucía Canosa.

Fisober Begonte

Despois de tres derrotas consecutivas, o Fisober regresou á senda da vitoria acadando o seu terceiro triunfo dos catro partidos disputados no Conco. Xa dende o comezo se apreciou o afán das locais de mudar a dinámica, con varias ocasións nos pés de Paula Fandiño, Adriana e Ana, que non eran quen de acertar entre os tres paus, ata que a mesma Ana si o logrou, a seis minutos do descanso, cun gran disparo dende a banda que entrou pola escuadra.

Aínda dispuxeron de máis ocasións as dumbriesas antes do intermedio, pero Saray e Carre se atoparon coa porteira e defensa rival. O inicio da segunda metade non podía ser mellor para as costeiras, xa que Lucía Canosa facía o segundo no primeiro minuto. Foron momentos de gran dominio do Fisober, que tivo o terceiro nun disparo ao pau de Fandiño e nun remate de Lucía Canosa. Pero este chegaría finalmente nunha falta sacada por Paula Fandiño que se colaba na rede tras tocar nunha defensa contraria.

Decidiu arriscar entón o Begonte co xogo de cinco e iso aproveitouno o Fisober para saír a contra e ter multitude de ocasións. A porteira xogadora fixo unha gran actuación para que a goleada non fose maior, pero nada puido facer ante o tanto de Lucía Canosa, que rematou a gol un pase atrás de Ana. A vindeira semana, ao Fisober lle espera unha difícil visita a Vilalba.

Categorías inferiores

Xuvenil Fisober

Na Liga Galega Xuvenil Feminina, o Fisober xogaba fronte ao Viaxes Amarelle xornada inaugural da tempada. As dumbriesas lograron un valioso empate (2-2) con goles de Lucía Canosa.

Na Liga Galega Cadete Masculina, o Fisober caía ante o Academia 5 Coruña B na tarde do domingo (6-3), nun partido no que os goles visitantes os anotaron Álex (2) e Iago Larrañaga.

Por último, na Liga Galega Infantil Masculina, o Fisober visitaba ao líder, o Colexio Liceo, da Coruña. Alí, os costeiros lograron un gran triunfo (5-8), que lles serve para ser líderes da categoría autonómica por primeira vez na súa historia.

Comentarios