Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Handball Carballo: convivencia deportiva e atracción turística

O Handball Carballo: convivencia deportiva e atracción turística
O Handball Carballo: convivencia deportiva e atracción turística

Espectacular o programa do "V Carballo Handball Festival". Esa cita que acolle a máis de 500 deportistas para disfrutar de tres días de deporte e convivencia na Semana Santa.

As Escolas Xiria, o Concello de Carballo, Carballo Deporte e Carballo a un paso, e co patrocinio de Conservas Calvo, encherán de vida os pavillóns Vila de Noia, Carballo Calero e CEIP Fogar durante os días 18, 19 e 20 de abril. 52 equipos -infantís, alevíns e benxamíns masculinos e femeninos- de 16 clubs chegados de toda Galicia, Santander, Badajoz, León… gozarán dunha competición sen parangón, con case 120 partidos e unha fin de semana de convivencia espectacular.

Unha cita que ademais de deporte significa un foco de atracción para centos de familias. "Para nós o verdadeiramente importante será moita a xente que se achegue a Carballo, coñeza a vila e goce do que, por riba de todo, é unha festa do balonmán e tres días para a socialización e a convivencia”, explica Fernando Vázquez.

Son case un milleiro de persoas (entre rapaces, adestradores, familias…) os que visitan Carballo estes días, polo que volvemos ter unha nova demostración de como o deporte se convirte en motor económico do setcor turístico.

Comentarios