Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Javi Lariño Waldomar presenta este domingo o seu coche para o Campionato Galego de Rallyes

Coche de Javi Larino Waldomar no Campionato Galego de Rally 2021
Este domingo podedes ver o coche de Javi Lariño Waldomar no Bar o Moncho de Lira
Javi Lariño Waldomar presenta este domingo o seu coche para o Campionato Galego de Rallyes

Este domingo volve o motor ás nosas estradas. O bo de Javi Lariño Waldomar xa ten o coche listo e así o nolo amosará. Este domingo a partir das 12:00h estará exposto no Bar O Moncho de Lira, para que todos os afeccionados lle poidan botar un ollo.

Javi xa prepara a proba do vindeiro sábado no Rally da Coruña, primeira proba do Campionato Galego de Ralis dentro da Copa Pirelli Amrali, e que fará con Santi Priegue ao seu carón. “A idea e facer as 5-6 primeiras e si nos dá o presuposto, facelas todas”, explícanos un piloto que quere agradecer a colaboración dos seus patrocinadores: Semáforo de Fisterra, Hotel Faro de Lariño, O Moncho, Concello de Carnota, Peixes e Mariscos Lola, Almacenes Esteiro, Infortendas.com, ARVidal Racing, Reale Seguros - Juan R. Rey, Kreativa Cocinas, Carmovil, O’Vaqueiro Materiales de Construcción, Mar da Morosa e Bar O Hórreo.

Comentarios