Luns. 06.05.2024
El tiempo

A familia Olimpia celebra o fin dun primeiro curso inmellorable

A familia Olimpia celebra o fin dun primeiro curso inmellorable
Familia do Club Atletismo Olimpia Cee cos novos chandales Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

A Escola de Atletismo do Club Asociación Deportiva Olimpia celebrou este xoves 20 de xuño a súa foto de familia coa que daba por finalizado este curso 2012/2013. As condicións atmosféricas non fixeron posible a realización da proba prevista, pero a pesares diso ningún rapaz se quixo perder a foto de familia, e pasar un último rato cos seus compañeiros de equipo; foto na tamén contamos co apoio e presenza de parte do noso grupo de Senior. O club obsequiou aos atletas da escola cunha medalla conmemorativa que foron repartidas polos principais patrocinadores do escola de Atletismo, Estación de Servizos Bazarra, o Concello de Cee e Ferroatlántica coa que ven de selar o compromiso para o vindeiro curso; por motivos de axenda non puidemos contar co representante de Aurora Sport.

Finalizamos este curso e toca facer balance do mesmo. Eran poucos os que a principios de setembro cando se comezaba a forxar esta escola auguraban unha foto de familia tan ampla. “Moitos se preguntaban que era eso do Atletismo", reflexiona Jorge Lariño, responsable do clube. "E nos miraban cun sonriso irónico, cando comezabamos cun grupo de 7 nenos e nenas. Hoxe tócanos facer balance, toca ver os erros cometidos, e buscar solucións os mesmos para seguir mellorando esta escola, pero tamén toca sacar peito e dicir que na Costa da Morte hai escola de Atletismo, que en Cee hai atletismo, e que hai un viveiro sensacional de atletas. Podemos presumir de haberlle dado a posibilidade durante este ano a case 50 rapaces e rapazas de xogar co atletismo, de ter atletas de altísima calidade que competiron de forma sobresaínte nos campionatos comarcais, provinciais e autonómicos tanto de campo a través como de pista, de ter nas nosas filas a un campión galego como Elian Numa López, de ter atletas como Xan Insua, Javi Rodriguez, Marta Souto, e moitos outros máis que veñen puxando moi forte e mostrando unha grandísima calidade para este deporte, pero sobre todo, se de algo podemos presumir e de ter un grupo humano de rapazas e rapaces SENSACIONAL. E por suposto toca agradecer as nais e os pais polo seu apoio e pola súa confianza, a Bazarra e o concello pola súa colaboración dende o inicio, a ANPA do colexio do Pindo que quixo que estivésemos presentes na súa escola, a nosa xunta directiva; e aos medios de comunicación que fixeron eco da nosa presenza; entre todos fixemos isto posible”, explica.

Atletas do Olimpia con Julio Lopez de Bazarra e os membros do Concello

Pero ante todo toca mirar cara o 2013/2014 e comezar a planificar dende xa, un curso no que esperan seguir medrando e mellorando, no que van seguir "mirando a este deporte como formación, como transmisión de valores tan importantes como a constancia, superación persoal e compañeirismo, como un elemento lúdico na formación das/os rapaces/as", e para o que esperan seguir contando con todos os apoios citados, “unha vez máis grazas a todos”, apunta Lariño.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios