Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Legua Irmandiña abre inscricións para a singular carreira no luscoefusco soneirán

legua Irmandina Vimianzo
A Legua Irmandiña abre inscricións para a singular carreira no luscoefusco soneirán

Son moitas as cousas que abrangue o Asalto ao Castelo de Vimianzo. Unha desas actividades paralelas é a Legua Irmandiña, a singular carreira que este ano alcanza a VI edición. A cita será o sábado 25 de xuño, e as diferentes categorías irán saíndo a partir das 21h, para aproveitar o momento do luscofusco e ter unha chegada máis fermosa aínda sobre a antiga ponte levadiza do castelo á luz dos fachos.

A distancia da categoría absoluta é de unha legua, unha vella unidade de medida, que daría ao cambio uns 5,5 quilómetros.

legua Irmandinha Asalto Vimianzo 2022

A cita está organizada polo club de atletismo Terra de Soneira, a asociación Cherinkas e colabora o Concello de Vimianzo.

A proba de categoría pitufo finaliza na praza do concello. O resto das carreiras terán a saída na praza do concello e a meta no castelo de Vimianzo.

A data límite de inscrición para todas as categorías será o xoves 23 de xuño ás 23h59. Realizaranse a través da páxina web www.galitiming.com, tanto para as deportistas de categoría absoluta, coma para as de base. Custará 5€ para categoría absoluta e gratis para o resto de modalidades.

Outras novas do Asalto

Comentarios