Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Legua Irmandiña abre o prazo de inscrición

ganadora legua irmandinha 2022
A gañadora da Legua do ano pasado
A Legua Irmandiña abre o prazo de inscrición

A única carreira de Galicia cunha legua de distancia (unha vella unidade de medida, que daría ao cambio uns cinco quilómetros e medio) e con meta nun castelo medieval celébrase en Vimianzo. O sábado 24 de xuño celébrase xa a súa 7ª edición no marco das actividades arredor do Asalto ao Castelo. As diferentes categorías irán saíndo a partir das 21h, para aproveitar o momento do luscofusco e ter unha chegada máis fermosa aínda sobre a antiga ponte levadiza do castelo á luz dos fachos.

A cita está organizada polo club de atletismo Terra de Soneira, a asociación Cherinkas e colabora o Concello de Vimianzo. Nela, todas as idades teñen acubillo nas distintas categorías que conforman a Legua Irmandiña.

Xa podes facer a Inscripción en galitiming.com ata o xoves 22 de xuño ás 23:59h.

cartel legua irmandina vimianzo 23

Comentarios