Venres. 19.04.2024
El tiempo

Lamantubá, Huntza e Festicultores completa o cartel do Asalto

LAMATUMBA volve ao escenario
Lamantumbá volve este verán aos escenarios
Lamantubá, Huntza e Festicultores completa o cartel do Asalto

Ademais de Terra, coas xa confirmadas Tanxugueiras, volverá a soar o LicorCafé, en VImianzo. O Asalto ao Castelo vén de anunciar os grupos que compoñen o cartel do festival do 30 de xuño e do 1 de xullo en Vimianzo. Únense ás Tanxugueiras Lamatumbá, Huntza, Festicultores Troupe, De Vacas e Monoulious DOP.

Dous destes concertos terán un significado especial, un de regreso e outro de despedida. Os que volven, o mítico grupo de raíces ourensás Lamatumbá, que por fin pisará o torreiro irmandiño, tralo seu esperado retorno.

Por outra banda, o concerto de Huntza en Vimianzo será das últimas oportunidades para ver en escena a este grupo vasco tralo seu comunicado de despedida. “Huntza”, que significa “hedra”, é o nome dunha banda que naceu das foliadas de Bilbao, do trikipoteo universitario, para conseguir situar varios dos seus temas como os máis exitosos en lingua éuscara, chegando a colaborar con artistas como Julieta Venegas.
Completan o elenco da parte do festival gratuíta (lembren que para facer sostible o festival a organización decidiu que para o concerto das Tanxugueiras sexa necesario comprar entradas), os Festicultores, eses cultivadores de festas ourensáns que porán un fin de semana máis divertido que nunca.

Aínda quedan, en calquera caso, algunha sorpresa para o cartel.

Cartel asalto Castelo Vimianzo 2023

CEA MEDIEVAL

Para a noite posterior á Cea Medieval, do venres 30 de xuño, tocará cantar e rir no castelo de Vimianzo coa banda De Vacas, que coas súas fermosas voces versionan os hits do momento en ton satírico, e Monoulious DOP, cargados de retranca e sons hiperbailables. O festival do Asalto ao Castelo fai desta maneira un bo avance do seu cartel musical, aínda que quedan máis novidades musicais por anunciar que completan o seu intenso programa de actividades.

Casting teatral e feira artesanal

 

Precisamente, esta semana vén de abrirse o prazo para inscribirse na Feira Artesanal, cun notable éxito no ritmo de inscricións, superando xa os 30 postos participantes. Para participar vendendo produtos ecolóxicos e artesanais, deben inscribirse a través da web www.asaltoaocastelo.gal

Por outra banda, este sábado 13 de maio ás 20h30 celébrase no auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo o casting para buscar actrices e actores voluntarios para a representación teatral do Asalto ao Castelo. Procúranse persoas de todas as idades para encarnar a peza dirixida por Guillermo Méndez da que se darán os detalles e novidades in situ.

Comentarios