As Tanxugueiras estrearán o novo formato do Asalto ao Castelo

Contando xa os días para o sábado 1 de xullo, data do XXVI Asalto ao Castelo de Vimianzo. Unha festa que é moito máis que un festival, pero que ten a música como un dos seus alicerces. Así, a organización co gallo de facer sustentable a festa, decidiu este ano potenciar o primeiro concerto da noite, facendo del un evento especial, para o que haberá que retirar entrada. Ese concerto será protagonizado polas Tanxugueiras, que volverán a Vimianzo empoderando feminino do tradi galego.
As entradas para o concerto das Tanxugueiras xa están á venda en woutick.es, cun prezo de saída de 8 euros. Unha oferta con entradas limitadas antes de que teñan o prezo ordinario de 12 euros online e 15 no despacho de billetes presencial o propio día do evento.
Representación e resto de concertos, de balde
O resto de actividades da festa, tanto a representación teatral do Asalto (o gran distintivo desta Festa de Interese Turístico Galego, como os concertos de toda a madrugada posterior, continuarán sendo de entrada gratuíta.
Casting teatral
Por outra banda, xa está marcada na axenda a primeira cita para buscar actrices e actores para a representación teatral. Dirixida por Guillermo Méndez, a peza teatral serve de motor para quentar ao público que se convirte en irmandiño, para asaltar a fortaleza no medio dunha procesión de fachos e tambores. Para participar hai que presentarse o sábado 13 de maio ás 20h30 na Casa da Cultura de Vimianzo.
MÁIS ASALTOS
- O Asalto 2022 en vídeo.
- Asalto 22: Vimianzo viviu o seu Asalto máis multitudinario.
- Asalto 2021: O lume tomou as terras irmandiñas.
- Decembro 2019: O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico.
- Asalto 2019: A calor irmandiña invadiu Vimianzo nun exitoso Asalto ao Castelo.
- Asalto 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia.
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo.
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012: A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.