Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Asalto estreará unha Tarde-Noite Infantil Meiga

Tarde Noite Meiga Asalto
O Asalto estreará unha Tarde-Noite Infantil Meiga

As crianzas copan cada vez máis protagonismo na festa do Asalto ao Castelo. E este 2023, a organización quere darlle un impulso. Sumarase ao Asaltiño a organización da I Tarde-Noite Infantil Meiga, que se celebrará o mércores 28 de xuño, de 19:00 a 22:00 horas no foxo da fortaleza.

O programa conta con diversas propostas artísticas nas que o miúdo exército irmandiño será chave para derrocar as forzas do mal que viven no Castelo: ofrenda floral, contacontos da liberdade, esconxuro da limoada, pasarela de moda guerreira, baile da revolución, toma do Castelo, danza da alegría ou banquete do triunfo son exemplos dalgunhas das accións que terá que acometer a lexión cativa.

Son 50 as prazas que se ofertan para esta actividade e para o que será preciso facer do 5 ao 16 de xuño unha pre inscrición a través dun <a href=https://n9.cl/p27xi>formulario web</a> e, posteriormente, a incrición do 19-23 xuño na Casa de Cultura, en horario de oficina. A inscrición ten un custo de 3 €.

Comentarios