luns. 05.05.2025
El tiempo

Máis de 200 participantes no Duatlón Val de Soneira

FOTO VIMIANZO-Duatlon Val de Soneira 2
Máis de 200 participantes no Duatlón Val de Soneira

A cuarta edición do Dúatlon Val de Soneira reuniu no municipio a 205 participantes procedentes de distintos puntos da xeografía galega. Trátase dunha proba que se reafirma, cada ano, como cita ineludible no calendario deportivo e que é puntuable para o Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada.

FOTO VIMIANZO-Duatlon Val de Soneira 1
Podio feminino

Sara Guerrero e Jarno Pousada convertéronse nos grandes gañadores do Duatlón Val de Soneira. Sara Guerrero (categoría Absoluta feminina), do A. D. Náutico de Narón, atravesou a meta facendo un tempo de 1:01:35. Na categoría SUB23 feminina, a primeira posición recaeu nas mans de Gabriela Quintas, do Club Deportivo Delikia.

Pola súa parte, Jarno Pousada (SUB23 masculina), do Club Cidade de Lugo Fluvial, foi o primeiro en cruzar a liña de meta facendo un tempo de 0:52:17. A segunda posición obtívoa Iván Puentes (da categoría Absoluta), que concluíu con 0:52:39.

FOTO VIMIANZO-Duatlon Val de Soneira 3
Podio masculino


 

Comentarios