Martes. 30.04.2024
El tiempo

Máis de 400 atletas participarán este domingo na Carreira do Apóstolo da Laracha

  • Varios dos atletas máis destacados da Costa da Morte xa confirmaron a súa presencia.
Cartel Carreira Apostolo Laracha 2023
Máis de 400 atletas participarán este domingo na Carreira do Apóstolo da Laracha

Avanzan a moi bo ritmo as inscripcións para participar na sexta edición da Carreira Popular do Apóstolo, que a Asociación Adro de Vilaño organiza no concello larachés, xunto con unha Andaina Saudable e Solidaria en beneficio de Cáritas e a AECC.

O evento será o domingo 16 de xullo en horario de mañá e as inscripcións permaneceran abertas ata o xoves 13 de xullo.

A organización móstrase moi satisfeita co ritmo que levan as inscripcións realizadas tanto de forma online como presencial, xa que aínda queda bastante plazo para seguir aumentado a participación, e confían en superar a barreira dos case 700 participantes da quinta edición, a cal foi todo un éxito.

Inscricións

Os interesados poden facer efectivas as inscripcións na web www.carreirasgalegas.com ou ben de forma presencial nas oficinas do Concello da Laracha, na Piscina Municipal ou en Cultiagro.

A cuota é de 6 euros para as categorías absolutas e gratis para os menores de idade, incluindopara todos eles unha camiseta conmemorativa do evento. Cabe destacar que a metade da recaudación da andaina irá destinada a Cáritas e a Asociación Española contra o Cancro de A Laracha.

Entre os servicios ofrecidos pola asociación organizadora cabe destacar o servicio de gardería con monitores para os máis pequenos, así como pinchos ao remate para tódolos asistentes.


 

Comentarios