Venres. 29.03.2024
El tiempo

Mazaricos ultima as prazas para a súa Carreira Pedestre

Carreira Mazaricos edicion 2018 2
Imaxe da carreira mazaricá de 2018
Mazaricos ultima as prazas para a súa Carreira Pedestre

Segue avanzando o Circuíto de Carreiras Populares 'Correndo pola Costa da Morte’. E a vindeira cita é en Mazaricos, que terá lugar o domingo 8 de maio a partir das 10.30 da mañá. O evento contará con seis competicións distintas e será amadriñado pola atleta Teresa Castro Villaverde.

O prazo da inscrición na carreira remata ás 23.59 horas do vindeiro domingo, 1 de maio. A inscrición ten un prezo de 8 €+1 €. As inscricións poden facerse na web www.correndopolacostadamorte.com. Parte da recadación irá destinada á loita contra o cancro, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

Hai tamén unha Fila 0 cuxa inscrición pode facerse cun importe mínimo de 1 €. A última edición desta carreira tivo lugar en 2019, sendo imposible a súa realización nos dous anos seguintes por mor da pandemia de COVID-19.

Correndo pola Costa da Morte Mazaricos Cartel VII Edición

Comentarios