Martes. 12.11.2019
El tiempo

As Miúdas proclamáronse campioas do I Triangular Feminino Corme CF

As Miúdas
As Miúdas
As Miúdas proclamáronse campioas do I Triangular Feminino Corme CF

As Miúdas, Paiosaco e Cee convertiron O Cairo nunha gran festa do fútbol feminino na que as muradanas non acusaron as numerosas baixas coas que contaba e se proclamaron campioas do I Triangular Feminino Corme CF logo de empatar coas verdibrancas e vencer ás da vila da Xunqueira.

ED Os Miúdos 0 – 0 UD Paiosaco

Partido con alternancia de dominio, no que os dous equipos se mostraron un tanto espesos na elaboración de xogo e debido a isto, as ocasións practicamente brillaron pola súa ausencia, e tan só se puideron ver dous achegamentos de certo perigo por parte de cada un dos conxuntos, polo que o encontro remataría co resultado inicial.

Pero na tanda de penaltis de desempate, as muradanas estarían máis acertadas e levaríanse ese punto extra despois do 3-2 co que remataron os lanzamentos dende os once metros.

UD Paiosaco 4 – 4 UC Cee

Loucura de goles a que se puido ver entre os equipos de Rafa Suárez e David Castro, nun que encontro no que as da vila da Xunqueira entraron moito mellor poñendo un claro 0-3 no luminoso nos primeiros vinte minutos e cando parecía que o Paiosaco estaba totalmente sentenciado, as verdibrancas reaccionaron e lograron darlle a volta ao marcador con catro goles que deixaban o 4-3 no electrónico.

Pero cando se estaba chegando ao minuto 45, un gol de Lucía Canosa deixaba o definitivo 4-4 no marcador, polo que habería unha nova tanda de penaltis, na que desta volta, o Paiosaco sería quen estivo máis acertado para levarse o punto extra.

ED Os Miúdos 1 – 0 UC Cee

Como xa sucedera nos anteriores encontros, a igualdade foi a tónica predominante deste partido no que houbo moitas idas e voltas por parte de ambos conxuntos e que se resolvería a prol das rapazas de Fran Figueroa logo de que a gardameta ceense introduxese na súa propia portería un disparo repelido polo pau, mediado o encontro.

A partir deste tanto, ambos equipos buscarían o gol, as muradanas para sentenciar o partido e as ceenses para devolver as táboas ao marcador, pero este non se movería e o 1-0 serviríalles ás Miúdas para proclamarse campioas deste I Triangular Feminino Corme CF, o cal foi unha gran festa do fútbol feminino.

A concelleira de Turismo, Deporte, Festexos e Dinamización Económica, Raquel Fondo; o Tenente de Alcalde e concelleiro de Obras, Servizos, Infraestruturas e Urbanismo, Miguel Ángel González; e a vicepresidenta do Corme CF, Higinia Vidal; foron @s [email protected] de facer entrega dos trofeos aos tres equipos participantes nesta nova iniciativa que puxeron en marcha dende o clube cormelán coa colaboración do Concello de Ponteceso.

Comentarios