Martes. 07.05.2024
El tiempo

O Anorthosis xoga como nunca e perde coa cabeza ben alta

O Anorthosis xoga como nunca e perde coa cabeza ben alta

Non puido o equipo do Anorthosis co Liceo Sénior, nun importante encontro na 2ª Galega de Tenis de Mesa. Os vimianceses xogaron como nunca pero perderon.... coa cabeza ben alta, como eles mesmos nos contan.

O equipo vimiancés mantense na 6ª posición con 12 puntos, lonxo dos postos de perigo.

2ª Galega

  • Resultado: LICEO SENIOR, 6 - ANORTHOSIS VIMIANZO, 1.

Nada se puido facer contra un Liceo Senior de Noia, que chegada reforzado con Roi Sixto (xogou en 1ª nacional e incluso disputou varias promocións de ascenso a división de honra) e coa volta de Rosalino García (Lino).

Emocionante foi o partido que xogou Stevo contra Lino. Dispuxo o zaense sempre de bolas para conseguir o set, pero ao final o partido decantouse para o lado coriuñés. Roi e Miguel puxeron todo pero non foron capaces de superar a Lino e Roi Sixto. Tan só Roi foi capaz de gañar a Héctor Silva.

Vindeira semana

A vindeira xornada será o sábado día 19 de febreiro as 17:00h horas:

  • En Zas: ANORTHOSIS VIMIANZO - CONXO PONTE DE FERRO.
  • En Noia: LICEO JUNIOR - ANGEPON.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios