O Balonmán Camariñas segue pasando o rodete

O Camariñas puxo de novo o rodete ante un dificil rival, como é o sempre complicado Seis do Nadal - Coia. E xa pensan na Fase de ascenso os conserveiros reas unha enorme primeira fase, afrontando o último partido do ano este xoves como unha festa no Areal.
Pola súa banda, visitaba o Municipal carballés o líder da categoría, o MMT Seguros Zamora que logo dunha moi boa campaña a tempada pasada e contando con importantes reforzos situouse dende o inicio nos postos que dan acceso a xogar a fase de ascenso. E o Calvo Xiria non fallou e sumou unha importante vitoria para asentarse no medio da táboa.
1ª Autonómica, xornada 10

- Resultado: SEDONA- Balonmán Camariñas - At. Guardés (21-30).
- BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari (2), Marcos Bao, Iván Pan, Quin (4), Borja (7), Borja (6), Catalán (1), Xabi (5), Perón (7), Damián (2), Antelo, Fran Varela (3).
O partido estivo nivelado ata o minuto 18 no que se reflectía un 6-6, a partir de aí aos poucos o Conservas Aboia foi levando o partido ao seu terreo para xa no minuto 25 establecer un 6-12 que foi definitivo e marcou devir dunha segunda metade en que tanto por unha banda como polo outro, xogaron todos os convocados. Pero a defensa do Camariñas, a pesar de ter pouca envergadura é unha das máis consistentes do campionato, proba diso, é o equipo menos goleado de toda a categoría con 265 goles en 12 partidos, cunha media de 22 goles recibidos por partido; doutra banda é o segundo con máis goles marcados, con só tres menos que o Artai-Poio, 367 goles en 12 partidos, cunha media de 30,5 goles marcados por partido.
Impresionante primeira fase a que estan realizando os homes de Fran Puga.
1ª División Estatal, xornada 11
- Resultado: Calvo Xiria – MMT Seguros Zamora (30-27).
- CALVO XIRIA (18+12): Kike [p], Cuco (7), Alex (1), Manuel (4), Dubra (3), Jesús (1), Brais (2) -equipo inicial- Iago [p], Mario, Ramón, Chimpo (9), Gonzalo (2), Rubén, Sergio (1).
Conscientes de novo todos os xogadores do Xiria da necesidade imperiosa de marcar un altísimo nivel en defensa, comezou o partido co seu xa clásico 6:0, que co paso dos minutos foi asentándose e gañando terreo aos rivais, o que unido ao nivel exhibido na portería tanto por Kike coma por Iago fixo que un equipo que levaba unha media de 32,5 goles por partido so chegara no día de hoxe a 27. Tampouco quixo quedarse atrás o ataque o local, xogando un dos mellores partidos da tempada no eido colectivo ofensivo. Con moita mobilidade de xogadores e balón calquera espazo foi aproveitado pola Calvo para chegar con garantías de éxito ao lanzamento, impedindo as axudas en defensa a un MMT que non atopaba a solución definitiva nos diferentes sistemas defensivos que utilizou.
Non se rendeu aínda así o Zamora que logo dun inicio de partido moi favorable viu coma unha vez tomado o mando no marcador polo Xiria xa non o deixou escapar. Nin os intentos colectivos nin as individualidades comandadas por Octavio fixeron dar a volta ao resultado. Pois era este un partido moi especial para os carballeses. ÁNGEL por mor dunha lesión deixa a práctica do balonmán. As gañas por brindarlle a vitoria dos seus compañeiros e amigos dende fai moitos anos unida a un espírito de loita innegable fixeron o resto para que o líder da categoría volvese de baleiro a Zamora.
Cómpre destacar polos carballeses Iago, Manuel, Chimpo e Cuco.
Vindeira cita
- 1ª Autonómica Masculina: O vindeiro xoves, día da Constitución, xogarase no Pavillón Municipal de Camariñas ás 18:00 horas un emocionante partido contra o Ribeiro Viña Costeira, un equipo moi duro, co que se perdeu de 1 gol na primeira volta. Será o último partido do ano en Camariñas, ata logo da parada de Nadal.
- 1ª Estatal: Importantísima a seguinte xornada para o Calvo Xiria, que se despraza a Lalín para enfrontarse a un equipo que nestes intres con catro puntos menos na táboa clasificatoria. O duelo terá luga no Lalín Arena o sábado ás 18:30 horas
Máis información
Novas relacionadas
- Boa semana para os equipos de balonmán de Camariñas, Xiria e Xallas.
- O Bm. Camariñas asalta o liderato.
- O Bm. Camariñas asalta o liderato.
- Boa semana para o balonmán en Camariñas.
- O Bm. Camariñas saca o rodete mentres o Calvo acusou o madrugón.
- Balonmán: 27-26.
- O Bm Camariñas mantén o liderato.
- Boa semana para o balonmán costeiro.
- O FIOT de Carballo retrata o declive da sociedade actual.
- Europa coñece a Experiencia Social Xiria.
- Comeza a tempada de balonmán con torneos e asembleas.
- O Balonmán une Camariñas.
- Carballo: Isto é balonmán.
Fonte
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas, do Balonmán Encaixe e do Calvo Xiria.