Luns. 06.05.2024
El tiempo

O Bm. Camariñas estrea a súa San Silvestre

O Bm. Camariñas estrea a súa San Silvestre
San Silvestre de Camarinas

Lembramos algunha que outra San Silvestre divertida pola zona. Esta parece algo máis seria. É o Balonmán Camariñas o que estrea este ano a 1ª San Silvestre Camariñá.

A cita non será o primeiro día do ano, senón que se desenvolverá o sábado 28 de decembro a partir das 17:00h polas rúas da vila palilleira. Iso si, ás 16:00h xa irán arrincando os máis pequenos.

A proba está pensada sobre todo para os alumnos dos centros escolares pero a proba absoluta está completamente aberta.

Xa se poden inscribir a través do correo [email protected] antes do luns 23 de decembro ás 13´30. A inscrición ten un custe de 6 € para @s participantes na carreira absoluta no número de conta de Nova Caixa Galicia 2080/0061/53/3040002445 co concepto San Silvestre Camariñá.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios