Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Pablo Costa Carabel, campión galego de 500 metros

Pablo Costa Carabel campion galego de atletismo
Pablo Costa Carabel campion galego de atletismo
Pablo Costa Carabel, campión galego de 500 metros

Nova fin de semana de éxito para o atletismo costeiro. E de novo, con nome dumbriés. Pablo Costa Carabel, alumno do CEIP Santa Eulalia de Dumbría e membro do Club Atletismo Olimpia alzouse como campión galego de 500 metros lisos na categoría alevín masculino, no campionato celebrado no Estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo.

Tamén participou Sabela Carreira Santabaya, que quedou 10ª en 60 metros lisos. Aquí vémolos aos dous compenentes da familia Olimpia.

Pablo Costa Carabel con Sabela Carreira

Ademais, como ven sendo habitual, o Olimpia participou o sábado tarde na carreira de Zas do Circuito Correndo pola Costa, obtendo varios podiums en categoría escolar: Juan Castiñeira (3º alevín), Liana Quintela (3º Alevín), Julia García (2º cadete) e Minerva Lago (3ª cadete) e finalmente Lucía Suárez (2ª xuvenil).

Novas relacionadas

Comentarios