Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Pavillón de Zas será este sábado un fervedoiro de pinpon

Pavillon de Zas preparado para campionato Tenis de Mesa
Pavillon de Zas preparado para campionato Tenis de Mesa
O Pavillón de Zas será este sábado un fervedoiro de pinpon

Nova xornada positiva para o AD Zas Ponciano Nieto, que venceu en Oroso, e sen notar a falta do número un do equipo, para manterse no alto da 3ª Nacional.

Tamén venceu o VTM Pinturas Figueiras, que se coloca 3º na táboa da 1ª Galega, así sen facer moito ruído.

Pero a semana vén marcada polo fervedoiro en que se convertirá o pavillón de Zas esta fin de semana.

3ª División Nacional

  • Resultado: Oroso TM Rios Sangiao - AD Zas Ponciano Nieto (1-4)

Seb ben se lle escapou o dobre por querer facer puntos con golpes non entrenados (Miguel / Raúl), o cadro zaseiro foi superior ao santiagués. En canto aos individuais xogaron os de Zas a gran nivel sendo quizá Alex o que máis destacou no xogo con respecto a outras xornadas, non dando opción algunha a Julio. Raúl segue na súa liña de mellora cada xornada e demostrouno nos dous individuais pois tanto contra Raquel Pérez coma contra Alex Rey, o mellor do outro equipo con diferencia, xogou moi ben ben e con moita seguridade nos golpes, sobre todo contra Alex Rey ao que non dou opción en ningún dos sets. Miguel Rey segue na súa liña de control e seguridade.

1ª División Galega

  • Resultado: VTM Pinturas Figueiras - CDTM Top Spin Abapic (4-2).

Neste encontro escapouselle o partido a Fco Paz, pero solventouno moi ben Nico Paz gañando o seu primeiro partido da temporada. Segue Julio Figueiras na liña de gañar os seus partidos e contribuir no dobre.

Vindeira xornada

Completa xornada para este sábado 11 de febreiro de 2023 en Zas, pois haberá unha concentración de 2ª División Galega con 9 encontros, 3 pola mañá as 11:00 horas e logo pola tarde outros 3 as 16.00 horas para rematar cos tres ultimos as 18.00 horas.
Nesta concentración enfrontaranse os equipos de AD Zas Cafeteria Talladas, AD Zas O Pinar e Cambre Anceis contra o grupo formado por Conxo TM e CD Be One Ourense A e CD Be One Ourense B. E no medio da tarde, 17:00 horas, o encontro estelar de AD Zas Ponciano Nieto contra Arteal Compostela 1. Pola sua parte o VTM Pinturas Figueiras desprazarase a Meaño para enfrentarse ao CTM GAM.


Encontros en Zas
11.00 AD Zas Cafeteria Talladas - CD Be One Ourense B
11:00 Cambre Anceis                   - Conxo TM
11:00 AD Zas O Pinar                  - CD Be One Ourense A
16:00 Cambre Anceis                   - CD Be One Ourense B
16:00  AD Zas O Pinar                 - Conxo TM
16:00  AD Zas Cafeteria Tallladas - CD Be One Ourense A

17:00 AD Zas Ponciano Nieto  - Arteal Compostela 1
                    
18:00  AD Zas O Pinar                  - CD Be One Ourense B
18:00 AD Zas Cafeteria Talladas   - Conxo TM
18:00  Cambre Anceis                   - CD Be One Ourense A

En Meaño
17:00   CTM GAM - VTM Pinturas Figueiras

 

Novas relacionadas

Comentarios