Martes. 30.04.2024
El tiempo

Rocío Alvite e o Olimpia, protagonistas do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación

230706_premios_circuito_carreiras_depucoruna53
Jorge Rodríguez Lariño, de vermello, recollendo os galardóns da familia do Olimpia
Rocío Alvite e o Olimpia, protagonistas do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación

Facía entrega onte a Deputación da Coruña dos premios do Circuíto Provincial de Carreiras Populares. Un circuito formado por 30 carreiras no que participaron 15.000 atletas de toda a provincia, entre os que destacaron varios costeir@s.

Rocio Alvite do Atletismo Sar
Rocío Alvite do Atletismo Sar

A mazaricá Rocío Alvite Fereriro quedou campiona absoluta, cun equipo, o Club Atletismo Sar, que tamén se proclamou campión por equipos tanto en categoría feminina como masculina.
Amador Pena (SD Compostela) foi o gañador da competición masculina.

Na categoría feminina, xa aparece a Asociación deportiva Olimpia alzándose co 3º chanzo do podio, por detrás tamén de SD Compostela Atletismo.
Pero máis protagonismo aínda tivo o club ceense en categorías de menores. En equipos femininos de base o Olimpia quedou no 2º posto, entre o Club de Atletismo Noia e a SD Compostela, mentres que os equipos masculinos gañadores foron Natación Ribeira, Asociación Deportiva Olimpia e SD Compostela Atletismo.

A Deputación e a Federación Galega de Atletismo traballan xa na 9ª edición do Circuíto, que contará con 35 carreiras.

230706_premios_circuito_carreiras_depucoruna57

Comentarios