mércores. 30.04.2025
El tiempo

Seis carballeses á avertura do Panda Raid 2025

Carballeses a Panda Raid 2025
Seis carballeses á avertura do Panda Raid 2025

O ano pasado foron dous vimianceses; hai tres anos foron un equipo mazaricán, e neste 2025, o Panda Raid tamén terá acento costeiro. Seis veciños de Carballo partirán mañá para iniciar na auténtica aventura deste rally mundial. 

Son Francisco Graña Vázquez, Francisco Cerviño Sánchez, Juan Francisco Garda Pallas, Roberto Pose Ramos, Feliciano Mira Muñiz e Roberto Barco, que fixeron parada no Concello para agradecer a colaboración da Concellaría de Promoción Económica e Turismo.

Fixérono cos vehículos oficiais, esas relliquias de máis de 40 anos comprados, restaurados e preparados para a ocasión. Mañá partirán cara Almería, de onde sairán o día 11 os 350 equipos inscritos para  o Panda Raid 2025.

Comentarios