Mércores. 01.05.2024
El tiempo

De Vimianzo a Marrocos a bordo dun Seat Marbella para participar no solidario Panda Raid 2024

Romina Canosa e Luismi Somoza no seu Seat Marbella Panda Raid
Romina Canosa e Luismi Somoza no seu Seat Marbella
De Vimianzo a Marrocos a bordo dun Seat Marbella para participar no solidario Panda Raid 2024

O ano pasado foi unha expedición mazaricá a que atravesou desertos e mares a bordo dun Seat Panda. Este ano será unha parella de Vimianzo a que se embarque na aventura do Panda Raid Marreucos 2024 a bordo dun Seat Marbella Green do ano 1990.

Luís Miguel Somoza Piñeiro (Vimianzo, 33 anos) e Romina Canosa (Alvarellos, Braño, 29 anos), levan meses preparando este vehículo de 40 cv, baixo o nome do @elcarricochecompeticion para poder atravesar os desertos do sur de Marrocos entre o 1 e o 8 de marzo de 2024.

El é coordinador dun centro especial de emprego (ten unha discapacidade do 34% por unha mala operación que lle deixou unha man con baixa mobilidade), e ela perruqueira, barbeira e esteticista, pero ambos son apaixoados do mundo do motor, e con coñecimentos de mecánica, suficientes para preparar o desafío.

Están na procupa de apoios económicos dalgunha empresa comprometida que queira sumarse a este reto solidario, xa que cada equipo participante se compromete a levar 20 kg de material escolar que doarán nunha das etapas ás comunidades locais. Irán cargados de Mochilas, estuches, material didáctico, gomas, lapiceiros, pinturas, instrumentos de xeografía, cadernos, calculadora… e tamén material deportivo, como balóns, prendas deportivas, etc

Romina Canosa e Luismi Somoza no seu Seat Marbella Panda Raid 2

”Non buscamos facernos un lugar para medrar no mundo da competición, nin subvencionar unhas vacacións a Marrocos. O Panda Raid é unha viaxe digna dos raids máis grandes do mundo, pero sobre todo é unha experiencia humana extraordinaria, xa que detrás de todo isto hai unha acción solidaria”, explican.
”O obxectivo é cubrir un itinerario de 9 días (do 1 de marzo ao 9 de marzo de 2024 con 3.100 km de desertos sen contar os 2.400 km de ida da Coruña a Alxeciras e volta) dividido en etapas diarias en función da xeografía de Marrocos, a partir dun percorrido marcado pola organización a través dun ROAD BOOCK, limitado a quilometraxe, orientándonos cun compás como se facía antigamente (sen GPS) e diferentes controis de paso, avanzando etapa tras etapa por diferentes paisaxes e terreos que irán. proba aos participantes e aos vehículos. Para durmir sen “hoteis”, todos os días montamos a tenda de campaña de cada equipo e recollemos cada mañá”.

A día de hoxe xa contan coa colaboración de empresas como Hidro3 Dixital, Strongmind Nutrición Depotiva, Grifon Motor Sport, Talleres Doble R, ou os establecimentos coruñeses Cervecería La Compe ou o Asador La Cabaña. E seguro que serán moitos máis os que axudarán neste reto solidario.

Máis novas

Comentarios