Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O SYSCA e o SAL rematan a Liga de Piscina de socorrismo no podio galego

Club Sysca Carballo salvamento e socorrismo 22-23
Expedición do Club Sysca Carballo en Ourense
O SYSCA e o SAL rematan a Liga de Piscina de socorrismo no podio galego

Remataba esta fin de semana na Piscina Rosario Dueñas de Ourense a 1ª División da Liga Absoluta de Salvamento e Primeiros Auxilios en piscina. E ata alí ían expedicións dos Club SYSCA e Club SAL que demostraron o poderío bergantiñán na materia, quedando os carballeses no 2º posto global, e os da Laracha na 3ª praza da Liga.

O SYSCA, 2º

Non puido alcanzar ao campión, Club Acuático Umia, pero o club carballés celebrou moito o 2º posto na Liga Absoluta. Para participar nesta última xornada, o club carballés desprazou á localidade ourensá a 23 deportistas: Andrea Goimil, Paula Ferradás, Sara García, Carla Padín, Sara Padín, Julia Varela, Julia Agrelo, Paula Amado, Andrea Eirís, Joel García, Kevin Pallas, David Lema, Fabián Varela, Hugo Martínez, Pedro Mesejo, Iván Suárez, Gabriel Rodríguez, Joaquín Mouro, Ricardo Mouro, Jorge Vilariño, Manuel García, Manuel Campos e Javier Agrelo.

A nivel individual, no que se refire ás rapazas, destacou a actuación de Paula Ferradás, que logrou rematar en terceira posición en tres probas, ademais de acadar o sexto posto noutra delas. Pola súa banda, Andrea Goimil tamén obtivo grandes resultados, colándose entre os cinco primeiros nas catro probas nas que participou, destacando dous segundos postos en dúas delas. Ademais, Sara García, Carla Padín e Andrea Eirís tamén puideron quedar entre as dez primeiras en diversas probas.

Na categoría masculina, cabe destacar a participación de Gabriel Rodríguez, que foi o gañador da proba de maniquí remolcado con aletas de 100 metros, ademais de ter rematado terceiro na proba de 100 metros de socorrismo. Ricardo Mouro tamén tivo unha boa actuación, logrando rematar entre os tres primeiros postos nas dúas probas que disputou este domingo. Ademais, Joaquín Mouro, Manuel García, Hugo Martínez e Jorge Vilariño conseguiron quedar entre os dez primeiros nalgunhas das probas.

Nas probas de relevos, o Sysca tamén acadou bos resultados. O equipo feminino gañou a proba de lanzamento de corda, sumando un segundo posto no 4x50 obstáculos e un terceiro posto no trailer 4x25 maniquí. O equipo masculino tamén logrou a vitoria no lanzamento de corda, ademais de ser segundo no 4x50 combinado e 4x25 maniquí remolque, e terceiro no 4x50 obstáculos. Ademais, o relevo mixto quedou primeiro na súa proba.

O SAL, 3º

Club SAL Socorrismo

E par completar o podio, o club SAL rematou como 3º clasificado.. Desprazáronse ata a Piscina Rosario Dueñas de Ourense 9 deportistas: Iria, Gabriela, Lucía e Noelia en Absoluto Feminino; e David, Anxo, Pablo, Álvaro e Borja en Absoluto Masculino; onde realizaron todas as probas individuais e por equipos.

Os resultados máis destacadados foron:

  • Pablo Amado, que acadou ser 1º en 100m. socorrista, 2º en 100m. remolque de maniquí con aletas, 8º en 100m. combinada, 9º en 200m. supersocorrista
  • Noelia Loureiro, que acadou ser 1ª en 100m. socorrista, 100m. combinada, 200m. supersocorrista, 50m. remolque de maniquí e 2ª en 100m. remolque de maniquí con aletas.
  • Álvaro Hidalgo, que acadou ser 5º en 200m. supersocorrista e en 100m. remolque de maniquí con aletas, 9º en 100m. socorrista e en 100m. combinada •
  • Anxo López, que acadou ser 3º en 200m. supersocorrista, 6º en 100m. socorrista, 7º en 200m. obstáculos, 9º en 100m. remolque de maniquí con aletas.
  • Lucía Añón, que acadou ser 7ª en 100m. socorrista e en 100m. remolque de maniquí con aletas, 8ª en 100m. socorrista
  • David Fraga, que acadou ser 2º en 100m. socorrista, 4º en 100m. remolque de maniquí con aletas, 5º en 100m. combinada, 6º en 200m. supersocorrista e en 200m. obstáculos,

E nos relevos:

  • Os absoluto masculino foron 1º en Relevo natación con obstáculos, en Relevo combinado e en Relevo remolque de maniquí; e 4º en Lanzamento de corda.
  • As absolutas femininas foron 3ª en Lanzamento de corda, 4ª en Relevo combinado, 5ª en Relevo natación con obstáculos e en Relevo remolque de maniquí.
  • E 2º en Relevo mixto.

Vindeiras citas

Os clubs xa pensan nas seguintes citas, antes do comezo da temporada de praia. Algúns participarán nos IV Campionato de España Infantil e Cadete de Primavera que se celebrará en Bétera o 22 e 23 de Abril.
Outros no XI Aberto Internacional – IV Copa de Europa de Piscina e XXXVII Campionato de España Xuvenil, Junior e Absoluto a onde se desprazarán do 5 ao 7 de maio en Castelló.

Novas relacionadas

Comentarios