Venres. 10.07.2020
El tiempo

Todo listo para o XI Duatlón Cross de Reis Concello de Vimianzo

Imaxe dun Duatlón de Reis dos pasados anos
Imaxe dun Duatlón de Reis dos pasados anos
Todo listo para o XI Duatlón Cross de Reis Concello de Vimianzo

Xa está todo listo para a celebración da popular proba de Reis que se celebrará o domingo 12 de xaneiro na parroquia de Salto (Vimianzo).

Un total de 190 corredores tomarán a saída ás 11:00 da mañá no lugar de Castromil para percorrer unha distancia de 30 quilómetros divididos en tres segmentos:

  • 1º segmento: carreira a pe de 5,4 km
  • 2º segmento: carreira en bicicleta de 21 km (dúas voltas a un percorrido de 10,5km)
  • 3º segmento: carreira a pe de 3,6 km

Por primeira vez a proba formará parte do “renovado” Circuíto Galego de Duatlón Cros e será, precisamente a proba vimiancesa, a que abrirá o Circuíto co Premio de Inverno, do que forman parte tamén o duatlón de Sada e o duatlón das Letras, de Baio.

Na categoría masculina non hai un favorito claro e prevese unha carreira estará moi reñida na que terán as súas opcións xente coma David Calzas, Martín Regueira, Gabriel Castiñeira, Porfirio Fernández ou Alberto Candeán.

En categoría feminina a clara favorita é Mar Delgado, campioa no 2017, 2018 e 2019, aínda que non llo porán nada fácil xente coma María Martínez, Cristina López ou Amira Simón.

comentarios