Venres. 26.04.2024
El tiempo

Últimas horas para sumarse aos máis de 300 inscrit@s para a V Carreira do Apóstolo de Vilaño

Carreira Popular 2022 Adro Vilano Laracha
Últimas horas para sumarse aos máis de 300 inscrit@s para a V Carreira do Apóstolo de Vilaño

Avanzan a moi bo ritmo as inscripcións para participar na quinta edición da Carreira Popular do Apóstolo, que a Asociación Adro de Vilaño organiza no concello larachés, xunto con unha Andaina Saudable e Solidaria en beneficio de Cáritas e a AECC.

O evento será o sábado 16 de xullo en horario de tarde e as inscripcións permaneceran abertas ata o martes 12 de xullo. Os interesados poden facer efectivas as inscripcións na web www.carreirasgalegas.com ou ben de forma presencial nas oficinas do Concello da Laracha, na Piscina Municipal ou en Cultiagro. A cuota é de 6 euros para as categorías absolutas e gratis para os menores de idade, incluindo para todos eles unha camiseta conmemorativa do evento. Cabe destacar que a metade da recaudación da andaina irá destinada a Cáritas e a Asociación Española contra o Cancro de A Laracha.

Este é o resumo da cita de 2019:

Comentarios