Martes. 16.04.2024
El tiempo

Víctor Fábregas e Jorge Mira apadriñan a I Carreira Nocturna de Baio

I Carreira Nocturna Baio 2022
Víctor Fábregas e Jorge Mira apadriñan a I Carreira Nocturna de Baio

Xa están abertas as inscricións para a I Carreira Nocturna de Baio, que se vai celebrar o vindeiro 30 de xullo. A Asociación Tabeirón Deportivo recupera así a clásica carreira popular, cuia última edición se celebrou aló por 1991. De feito, foi o actor esteirán Víctor Fábregas o seu campión, e desta volta virá como padriño da carreirra.

Tamén participará o ilustre veciño Jorge Mira, que fará ademais anfitrión na saída, que terá lugar na nova praza que leva o seu nome.

Podes inscribirte aquí.

Comentarios