Vimianzo presentou o seu prestixioso Duatlón de Reis
- A competición foi presentada esta tarde nunha gala celebrada na Casa da Cultura á que asistiron a alcaldesa de Vimianzo, o concelleiro de Deportes, e o presidente da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, e outras personalidades.
- Xa se anotaron na proba vimiancesa un total de 213 persoas.
- O encontro contará por primeira vez cun circuíto mozo coas categorías cadete, xuvenil e junior.
- As inscricións estarán abertas ata o 3 de xaneiro e poderán realizarse a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno.

A Casa da Cultura acolleu esta pasada tarde a gala de presentación do XIII Duatlón de Reis do Concello de Vimianzo e do Circuíto Galego de Duatlón Cros no que se enmarca. A proba vimiancesa celebrarase o vindeiro 9 de xaneiro e contará coas categorías absoluta, cadete, xuvenil e junior.
O circuíto foi presentado nunha gala conducida polo xornalista Terio Carrera e na que participaron a alcaldesa do municipio, Mónica Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Mario Andújar, e representantes da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno: o seu presidente, Gonzalo Mario Triunfo Delgado, o responsable do Comité Deportivo, Pablo Cabanelas, o delegado provincial, Armando Guerrero, a secretaria, Mónica Flores.
Tamén estiveron presentes na gala os representantes do III Dúatlon das Letras de Baio, do VI Dúatlon Cros Lousame e do III Dúatlon Cros Cerdedo – Cotobade, que conforman xunto coa proba de Vimianzo o circuíto galego de dúatlon. Así mesmo, participaron no acto os gañadores da pasada edición da proba de Reis de Vimianzo e campións galegos do 2021, Gabriel Castiñeira e Mar Delgado, e o campión do circuíto galego, Marcos Mayo. O toque musical do evento púxoo Irma Macías, vocalista do grupo Luar na Lubre.
Percorrido do Dúatlon de Reis
A saída do circuíto da categoría absoluta terá lugar ás 11:30 horas, mentres que o mozo saíra ás 09:30 horas e contará con distancias máis curtas. A saída será no lugar de Castromil, na parroquia de Salto. Percorrerá camiños forestais cara Tines e despois volverá ao punto de partida. A proba constará de tres itinerarios diferentes, o primeiro será a pé e levarase a cabo ao longo de 5,4 quilómetros, o segundo en bibicleta (21 km) e, por último, o terceiro, será de novo a pé ao longo de 3,6 km.
Récord de participación feminina
As inscricións a esta proba poderán realizarse ata o 3 de xaneiro a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno https://fegatri.org/evento/