Venres. 06.12.2019
El tiempo

O Volei Dumbría mete medo na Superliga2

Imaxe do partido desta fin de semana do Volei Dumbria co Collado Villalba
Imaxe do partido desta fin de semana do Volei Dumbria co Collado Villalba
O Volei Dumbría mete medo na Superliga2

5 xornadas leva en marcha a Superliga 2, e o Volei Dumbría mantense no liderato. O equipo costeiro segue facendo historia na 2ª división estatal, e con 5 vitorias en 5 partido volve facer soñar a toda a afección costeira con esa incrible fase que acolleu a pasada tempada o Conco e que nos deixou ás portas da máxima categoría.

Esta pasada fin de semana o equipo de Luís Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga venceu no pavillón dumbriés ao C Collado Villalba por un claro 3-0 (25-19, 23-25, 25-18 e 25-17). Unha nova vitoria que o ratifican como candidato a todo, pois aínda non cederon un set.

Imaxe do partido do Volei Dumbria co Collado Villalba 2

O plantel, moi novo, xa é, nesta 4ª temporada na categoría, e só 5 anos despois do seu debut en competición sénior oficial, un dos cocos.

Este ano tiveron as baixas de Unai Larrañaga, que xoga en Lugo, Marco que está de Erasmus e Bruque. Pero o cadro reforzose co brasileño Danilo e os xuvenís David Outes, Xabi Larrañaga e Sergio Castro.

Plantel do Volei Dumbria 2019-2020

Daniel Muñoz, MVP da xornadaDani Munoz receptor do Volei Dumbria

A fin de semana deixou ademais a boa nova de que receptor Daniel Muñoz foi elixido como MVP da 5ª xornada. O receptor sumou 23 puntos, 22 deles en ataque xunto a un bloqueo e contribuíu á solidez do seu equipo en recepción cun 74% de accións positivas para converterse no segundo mellor anotador e atacante do fin de semana.

Vindeira xornada

Este vindeiro sábado 9 toca viaxe, pois terán que enfrontarse ao Arona Paradise Park no Pab. Jesús Domínguez Grillo de Santa Cruz de Tenerife.

Novas relacionadas

Comentarios