Domingo. 15.09.2019
El tiempo

Histórica e reivindicativa clasificación do Volei Dumbría para a fase de ascenso máxima categoría

Histórica e reivindicativa clasificación do Volei Dumbría para a fase de ascenso máxima categoría

Histórica vitoria do Voleibol Dumbría ante a súa afección que lles dá a clasificación matemática a falta de 2 xornadas para o play off de ascenso á máxima categoría do volei estatal, a Superliga.

Os de Luís Alberto Fernández non perdoaron ao Club Vigo Voleibol e venceron con rotundidade conseguindo así un fito impensable hai apenas 5 anos cando debutada o equipo sénior. “En 4 anos, a SuperLiga chegará ao Conco!” apuntaban aquel outubro de 2014, e fallaron, pero pode que só por un ano.

Está sendo esta unha campaña histórica para o cadro dumbriés, despois de gañar a Copa Galicia, pero aínda queda o máis importante por diante: o ascenso.

Os xogadores do Volei Dumbría aproveitaron para manifestar o seu apoio á loita social que levan facendo nos últimos meses as familias da zona, por un servizo de pediatría digno para o rural galego.

O Volei Dumbria coas familias afectadas polos recortes en pediatria

Superliga Masculina 2 Grupo A , xornada 15

  • Resultado: Voleibol Dumbría - Club Vigo Voleibol (3-0)
  • Paricias: 25-21, 30-28 e 25-14.

Nos dous primeiros sets o equipo visitante alcanzaría unha vantaxe inicial de 2-9 e 3-9 respectivamente que obrigaría aos dumbrieses a empregarse a fondo e forzar no saque para intentar poñer en aprietos á recepción visitante e apertar en defensa para sumar puntos ao contrataque e ir achegándose aos poucos no marcador.

No primeiro set os locais sufrirían tamén a lesión do seu receptor Sergio Bruque que trastornaba un pouco os plans do equipo, aínda que o seu sustituto David Redonda callaría un gran partido destacando sobre todo no saque cun total de 18 e 4 puntos directos.

Tras un final de infarto no segundo set, os locais sairían no terceiro moito máis enchufados e intentando corrixir os erros iniciais dos dous primeiros sets. Os dumbrieses apoiados en todo momento polo seu público e cun pavillón totalmente envorcado cos seus xogadores impoñeríanse por un contundente 25-14 encabezados por Néstor González con 18 puntos e Daniel Muñoz con 14 como principais referentes ofensivos.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios