Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Volve unha máis inclusiva 10K Carballo

Presentacion 10k Carballo 2023
Volve unha máis inclusiva 10K Carballo

Domingo 4 de xuño. É a data sinalada para a 11ª edición da carreira popular 10K de Carballo, artellada polo departamento municipal de Deporte, e a AD Fogar como club adscrito á Federación Galega de Atletismo.

Varias novidades traen para mellorar o nivel deportivo e favorecer unha maior participación, apuntando ao colectivo con problemas de mobilidade.

Así, por primeira vez, celebrarase unha proba de 5 quilómetros ademais do circuíto de 10 quilómetros. E, simultaneamente, disputarase o Campionato de Galicia
de 10K en ruta, “polo que este ano coñeceranse en Carballo a campioa e o campión galegos de 10.000 metros en ruta”, engadiu o concelleiro de deportes Marcos Trigo.

CARTEL 10 Carballo 2023
O cartel foi deseñado polo artista carballés Andrés Urbieta.

 

Comentarios