Xiana Lago gaña a medalla de prata nos Campionatos de España sub-20 e vai convocada coa Selección
07:49 21/07/22
Volveuno facer. Xiana Lago volveu subirse a un podio nos Campionatos de España sub-20. Desta volta quedou subcampiona na proba de lanzamento de peso (4 kg) no LXIX Campionato de España sub-20 ao aire libre que tivo lugar a pasada fin de semana (16 e 17 de xullo) no Complexo Deportivo Ciudad del Deporte y Ocio de Torrent (Valencia).
Ademais, foi convocada coa Selección Española para un encontro internacional sub-20 que se celebrará en Munich (Alemania) o 13 de agosto. Trátase dun encontro internacional onde competirán atletas de Alemania, Austria, Suiza e España.
NOVAS RELACIONADAS
O historial de Xiana
- Marzo 22: Xiana Lago proclámase campiona de España sub20.
- 21-02-2022: Outro título Galego para a atleta ceense Xiana Lago.
- Xullo 21: Xiana Lago segue medrando conseguindo a medalla de ouro nos Campion.
- 18-07-21: Xiana Lago, Campiona Galega Absoluta de disco e subcampiona en peso con 17 anos.
- 17-07-21: Elian Numa quedaba Campión Galego Absoluto en 800 metros.
- Xuño 21: Xiana Lago bate o seu propio récord de lanzamento de peso sub18.
- Marzo 20: Xiana Lago, subcampiona de España sub18 de peso; e Elian Numa campeón galego absoluto de 1500.
- Marzo 2020: Xiana Andrade marca un novo récord galego en peso.
- 11-02-2020: Xiana Lago xa ten a mínima para o Campionato de España en pista cuberta.