Luns. 29.04.2024
El tiempo

1.500 vivendas de Ponteceso reciclaron 22 toneladas de lixo urbano especial

  • O Concello dispón de novos composteiros
Collecting Oil recolle aceite usado de cocina por Ponteceso copia
1.500 vivendas de Ponteceso reciclaron 22 toneladas de lixo urbano especial

Fixo contas a empresa Collecting Oil trala recollida, porta a porta, de residuos urbanos especiais durante o 2021. As cifras de reciclaxe da veciñanza é moi positiva, pois se salvaron de acabar nun lugar non adecuado 22 toneladas de residuos.

Foron 1.500 vivendas as que fixeron uso do servizo, reciclando, sobre todo aceites e as graxas con 13.984 quilos (15.538 litros). As prendas de roupa seguíronlles con 3.219 quilos. En canto a aparatos electrónicos, entregáronse 2.773 quilos. Os metais recollidos foron 1.591 quilos; pilas e baterías, 727 quilos; cartuchos e tóner, 282 quilos, e fluorescentes, 146 quilos.

A empresa continúa coa iniciativa e esta semana leva esta ruta de recollida:

  • Luns, día 24 de xaneiro: A Gándara, Seixos, Petón, Polígono de Tella, Tallo, Vila de Suso e O Rieiro.
  • Martes 25: Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira e Ardabón.
  • Mércores 26: A Ponte Dona, Xornes e Pazos.
  • Xoves 27: Pazos, Riotorto, Limiñoa, O Barreiro, Cores, Vila de Suso, Figueiroa e A Costa.
  • Venres 28: A Campara, Santa Cruz, Os Torrados, A Lamela, Miraflores e O Castro.

As persoas interesadas poden contactar coa empresa de recollida no teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico [email protected].

Composteiros

Ademais, o Concello de Ponteceso dispón de composteiros para quen queira levar a cabo unha práctica sostible na súa vivenda. As persoas interesadas deben contactar co consistorio (981 714 000). Trátase dos sobrantes da última entrega realizada por parte da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama).

Comentarios