2.800 almas desafían o orballo e danzan en Valarés
”Este festival pode convertirse nalgo moi grande en poucos anos!” Así de satisfeito rematou a fin de semana Adrián Varela, un dos organizadores do Festival V de Valarés, que a pesar de romper un xeonllo, non deixou de sorrir polo éxito do mesmo. E non é para menos, tras 16 concertos en 3 días, completando case 25 horas de música para os preto de 3.000 persoas que desafiaron o tempo e danzaron ca mellor música.
Porque poucos sitios de Galicia viron o nivel musical que vimos este ano no areal pontecesán. Non había máis que ver á gran estrella, Eli Paperboy Reed, que estivo 2 horas suando e gastando toallas na noite sabatina. Antes xa houbo unha magnífica noite de venres con Kiko Veneno á cabeza facendo cantar a todo Ponteceso as míticas rumbas de sempre. E o domingo foi máxica a estampa chea de familias vendo a Kepa Junkera no piñeiral, cantando temas actuais pero sempre cun ollo ao seu disco Galiza. Foron 3 grandes nomes para un cartel cargado de calidade.
”Parece un miniParedes do Coura”, dicían algúns facendo un guiño á nova ubicación dos escenarios diante do piñeiral. “Esto ten moi boa pinta de cara o futuro. Non só había xente de toda Galicia e toda a península senón que tivemos que poñer en taquilla unha persoa que falase inglés", coméntanos o propio Varela, que destaca tamén que a organización encantada coa conciencia medioambiental da xente, pois deixaron todo como estaba e non fixeron traballar demasiado aos 50 voluntarios que facía de brigada ecolóxica.
Unha cita que traspasa a fronteira da música, mesturándose coa natureza máis auténtica, facendo bo aquelo de “virás pola música e volverás polo ambiente”. Houbo ata paddle surf entre os piñeiros, e unha especie de tobogán que fixo as delicias dos máis náuticos do festival.
Vaia, que esto ten unha pinta de convertirse nalgo moi grande, e en breve teremos máis novas da vindeira edición. Por Ponteceso, xogan a outro nivel.
E para comprobalo, aquí vos deixamos con máis fotos do gran Javier Rosa.
Nova data para 2016
Aínda coa resaca do impresionante festival da pasada fin de semana, e xa temos máis #GanasdeValarés. E xa podemos ir marcando a axenda do ano que vén, porque xa temos data, e de novo, completa, con 3 días de concertos. A 10ª edición do Festival V de Valarés será o 12, 13 e 14 de agosto de 2016.
Máis información
Novas relacionadas
- Entrevista con Adrián Varela: “Non cremos o suficiente na nosa zona.
- Entrevista con Adrián VdeValarés: “Poñemos un lugar de 3 casas no panorama musical nacional”.
- VdeValares 2014: Un gran Festival VdeValarés pon Ponteceso no panorama indie internacional.
- VdeValarés 2013: A música fundiuse ca natureza en Valarés e Fisterra.
- VdeValarés 2012: A chuvia empapou a música.
- VdeValarés 2010: As guitarras tomaron Valarés.
Máis novas da Axenda Sonora
- Los Enemigos volveron encher de míticos o Nordestazo Rock de Malpica.
- Mazaricos porase no panorama electrónico europeo co Fermaz Festival.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).