sábado. 07.12.2024
El tiempo

O 28 de abril, cita deportiva na 4ª Carreira Popular Faro Roncudo

Presentacion Carreira Popular Faro Roncudo 2024
O 28 de abril, cita deportiva na 4ª Carreira Popular Faro Roncudo

Tivo lugar onte, no salón de plenos do Concello fíxose a presentación da 4ª Popular Faro Roncudo.

Ademais de Raquel Fondo, a Concelleira de Deportes e a directora executiva da proba, e Juan Ramón Vidal Torrado o Concelleiro de Seguridade, Servizos e Emerxencia e o responsable da seguridade viaria da proba; estiveron presentes Sesi García e Encarna de la Sierra, presidenta e vogal da asociación Abellariza; e máis Remedios Varela, a técnica de deportes e Noelia Leis, a monitora deportiva. Martín Varela, da asociación Vidú, non puido asistir por motivos laborais.

A proba desenvolverase o domingo 28 de abril, con saída ás 11:30h da Praza da Ribeira. Disporán dunha hora para facer o traxecto ata o faro, uns 6.200 metros ida e volta.
A partir das 12:40 h será a quenda das categorías inferiores, dos máis maiores aos máis pequenos, que correrán tamén dirección ao faro, adaptando as distancias.
Ás 13:15 h empezarán coa entrega dos premios.


O control técnico será a cargo da Federación Galega de Atletismo, Delegación da Coruña, e xa se poden inscribir  ata o 25 de abril e consultar o regulamento en: www.carreirasgalegas.com

Comentarios