Luns. 25.10.2021
El tiempo

A Xunta só ofrece clases online para cursar unha troncal a 3 [email protected] do IES de Ponteceso

IES Eduardo Pondal de Ponteceso
A Xunta só ofrece clases online para cursar unha troncal a 3 [email protected] do IES de Ponteceso

3 [email protected] do IES de Ponteceso poden quedar sen unha asignatuca chave para o seu futuro. Debuxo Técnico é unha esixencia para a meirande parte das licenciaturas técnicas, enxeñerías… Pero a Consellería de Educación non quere impartir esa aula de xeito presencial ao seren só 3 [email protected]

A pesar de que se trata dunha asignatura troncal do Bacharelato de Ciencias, e mesmo que o Centro conta con profesores dispostos a impartila, dende a Consellería só ofrecen a posibilidade de cursar as clases online cun instituto de Santiago. Deste xeito, ademais de ter que adaptar os horarios ás clases do centro compostelán, perderían a importancia de recibir a formación presencial, sendo ademais como é unha asignatura eminentemente práctica.

”Isto fai que vexamos a opción das clases online completamente inviables”, explican nunha carta ao Conselleiro os 3 [email protected] afectados, sobre todo pensando unha vez máis que no noso centro temos profesores totalmente cualificados e con horas de clase dispoñibles para impartir esta materia”.

”Queremos, polo tanto, facr forza para que este ano poidamos impartir esta asignatura e así empezar a facer verdade todos eses “impulsos ao rural” que tanto intentan dar”, apuran os [email protected] “Se non rural somos iguais que nas cidades, supoñemos que cursando a primeira parte da asignatura o ano pasado, este ano poidamos darlle continuidade, que é o que supostamente nos aseguraban ao ser unha materia troncal”.

Incidencias neste comezo de curso

comentarios