Venres. 29.03.2024
El tiempo

3 edís socialistas apoian a Faustino Lema, cesado “unilateralmente” polo alcalde por “opinar priorizando o interese dos veciñ@s”

Corporacion Ponteceso
Salvador Eiroa (primeiro pola esquerda), Raquel Fondo (segunda pola esquerda) e Ana Pérez Imia (primeira pola dereita) apoian a Faustino Lema (terceiro pola esquerda). Na imaxe unha foto da corporación o pasado mes de xuño de 2019
3 edís socialistas apoian a Faustino Lema, cesado “unilateralmente” polo alcalde por “opinar priorizando o interese dos veciñ@s”

Hai xa 3 semanas que se soubo que ao alcalde pontecesán Lois Carballido botaba outro membro da súa propia corporación. Son moitos os "caídos" dende que Carballido se erixiu alcalde en 2015. Fala ás claras o feito de que na corporación de 2019 non hai un só membro da primeira lexislatura, como denunciaban varios socialistas de Ponteceso o ano pasado.

Desta volta tocoulle a Faustino Lema, man dereita do alcalde dende o pasado mes de xuño, que saía á luz pública asegurando que ”non é falta de confianza, é abuso de poder do alcalde”. Hoxe, os seus compañeiros, 3 edís tamén socialistas do grupo de goberno, saen na súa defensa.

Raquel Fondo, Concelleira de Turismo, Deporte, Festexos e Dinamización Económica; Ana Pérez Imia, Concelleira de Cultura, Xuventude e Innovación Tecnolóxica; e Salvador Eiroa Ameijenda, Concelleiro de Asociacionismo, Normalización Lingüística e Medio Rural, envían un comunicado de apoio ao concelleiro Faustino que “foi cesado dun modo inxusto e queremos informar ós veciños de que non estamos conforme coa decisión tomada unilateralmente polo alcalde, xa que consideramos que o edil cesado o único que fixo foi expoñer as súas opinións priorizando os intereses dos veciñ@s”.

”Como os lápices teñen goma de borrar, pedímoslle que se volva a readmitir ao compañeiro e seguir formando o equipo que acadou a maioría absoluta, xa que este cese repercute no ritmo de traballo do Concello. Non imos apoiar que se cese a un compañeiro por falar claro e esiximos transparencia xa que non entendemos un bo funcionamento se as decisións non son consensuadas entre todos”, explican.

Igualmente esperan a intervención da provincial socialista: ”Ao noso entender, o partido que representamos debería intentar mediar para chegar a acordos sen falta de facelo público e de darse conta que os veciños e veciñas de Ponteceso son a prioridade neste momento e aí e donde sempre estaremos porque este é o noso pobo”.

Novas relacionadas

Comentarios